Pepe Vieira presenta ao alcalde o proxecto de restaurante que abrirá na antiga Ferraxería Varela

28

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao cociñeiro Pepe Vieira que se quixo achegar á Alcaldía para presentarlle persoalmente Fernández Lores o proxecto de restaurante que porá en marcha na cidade proximamente.

O cociñeiro destacou especialmente o inmoble no que se vai a situar, a antiga Ferraxería Varela, na praza de Curros Enríquez. O alcalde coincidiu con el na importancia do proxecto para recuperar un edificio tan emblemático do centro histórico, e que axudará a revitalizar a praza, unha das máis céntricas da cidade.