A compostaxe comunitaria da cidade reduce a emisión dun millón de quilos de CO2 á atmosfera
71
Lavandeiras brancas en Alcalde Hevia
Con motivo do Día internacional pola redución das emisións de CO2, que se celebra mañá, Raimundo González presentou os novos sete centros de compostaxe que terá a cidade.
A Parda, O Burgo, A Seca, Campolongo ou Amalia Álvarez son os lugares escollidos.
Con motivo do Día internacional pola redución das emisións de CO2, o concelleiro responsable do departamento de Residuos, Raimundo González presentou esta mañá os sete novos centros de compósaxe comunitaria dos que disporá a cidade. Con eles xa serán 35 os instalados na trama urbana que evitan a emisión dun millón de quilos de CO2 á atmosfera cada ano ao seren utilizados por unhas 5.250 persoas.
Os sete novos centros de compósaxe instalaranse en distintos barrios chegando, por vez primeira, ao Burgo ou á Seca, ademais de reforzar outros ámbitos como Campolongo ou a Parda.
Está previsto instalar un centro de compósaxe na rúa das Devesas (10 módulos), outro na avenida de Virxinia Pereira (no último tramo, cara á rotonda da avenida de Lugo – 10 módulos); no Camiño vello de Castela (11 módulos); na avenida da Coruña (a carón do campo de fútbol de Pasarón -10 módulos); no parque de Amalia Álvarez coa rúa Filgueira Valverde; na rúa Taboada Nieto (preto do parque do Cogomelo) e duplicarase o centro de compósaxe de Alcalde Hevia.
Novos centros de Compostaxe
Os sete novos compóseiros darán servizo a uns 1.500 veciños e veciñas. E con eles, o casco urbano pasará de ter 28 a 35 centros de compósaxe comunitaria.
Os novos compóseiros comunitarios poderán estar operativos a finais do mes de marzo, xa que se tarda en instalar cada base arredor de 5 días, e despois se colocan os módulos de metal e os caixóns do estruturante que completan os centros.
Unha vez que se remate coa instalación, farase unha campaña de sensibilización nos barrios que acollerán estes centros para informar aos veciños e veciñas do funcionamento do novo compóseiro.
A instalación dos novos centros de compósaxe comunitaria suporá a redución de 300.000 kg de emisión de CO2 á atmosfera, xa que non será preciso transporte, tratamento e incineración destes restos orgánicos. Segundo os últimos estudos consultados polo departamento, co uso da compósaxe cada persoa deixa de emitir 0,2 toneladas de CO2 ao ano.
E tendo en conta os 35 compóseiros comunitarios que estarán instalados, a redución será de máis de 1 millón de quilos de CO2.
Rabirrubio femia en Camiño de Ferro.
Coincidindo mañá co Día internacional pola redución das emisións de CO2, Raimundo González destacou que “o compós é fonte de vida. Xa non se trata só dunha aposta política ou do cumprimento da legalidade europea, é que está en xogo a vida do planeta”, por iso animou aos pontevedreses “a participar no programa de compósaxe porque contribuímos a mellorar a vida das xeracións futuras”.
A modo de exemplo da biodiversidade que supoñen estes centros explicou que os mestres detectan a diario paxaros que aproveitan os contedores para se alimentar como o caso das Lavandeiras ou os Rabirrubios.