O proxecto O Teu Cole na Historia desenvolve un novo obradoiro divulgativo no CEIP A Xunqueira I

13

A Concellería de Educación, que dirixe o socialista Tino Fernández, continúa a desenvolver os obradoiros divulgativos enmarcados dentro do proxecto O Teu Cole na Historia. Esta mañá, Kike Mauricio e Carlos Taboada, do equipo creativo de Polo Correo do Vento, estiveron no CEIP A Xunqueira I acompañados do músico Antón Ke para somerxer a un total 65 alumnos de 6º de Infantil e 1º Primaria no colorido mural que eles mesmos debuxaron a principios de novembro de 2020 nunha das paredes da porta de acceso ao colexio (foi o centro no que se inaugurou o programa).


Empregando como ferramentas a narración, o debuxo e a música en directo, os artistas fixeron un percorrido pola historia do centro educativo e polos elementos que compoñen unha intervención inspirada no propio ámbito natural da Xunqueira de Alba, cos seus paxaros, a súa fauna e a súa flora. Durante o taller, tamén se distribuíron entre alumnos e mestres os folletos didácticos elaborados para dar a coñecer a iniciativa, que inclúen un mapa no que aparecen tódolos murais realizados ata a data.


Os centros educativos que participan no programa O Teu Cole na Historia son os CEIP Praza de Barcelos, Daría González, A Xunqueira I, A Xunqueira II, Álvarez Limeses, Froebel, Parada-Campañó, Cabanas (Salcedo), Ponte Sampaio, San Martiño (Salcedo), San Benito de Lérez, Manuel Vidal Portela, Santo André de Xeve, A Carballeira, Vilaverde e Marcón; os CEP Campolongo e Marcos da Portela, e as EEI Fina Casalderrey, Crespo Rivas e Verducido.

Os obradoiros regresan o vindeiro luns na EEI Concepción Crespo Rivas.