O alcalde saúda aos participantes nas primeiras visitas guiadas ao interior do Convento de Santa Clara

50
O vindeiro 18 de febreiro a Concellaría de Patrimonio Histórico volverá a abrir o prazo de inscrición para as visitas dos fines de semana demarzo. Volverán a ser 640 prazas.
O alcalde e o concelleiro Xaquín Moreda comprobaron o estado de execución da rampla que fará accesible a igrexa que se converterá en espazo cultural da cidade. Estará rematada a mediados da semana que vén.
Fernández Lores fai pública a carta da adabesa de Santa Clara na que lle agradece os calendarios de 2022 e as imaxes da sinatura notarial da venda do convento.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda saudaron esta mañá aos primeiros visitantes que entraron no interior do Convento de Santa Clara para participar nas visitas guiadas que o Concello ofrece nas fines de semana do mes de febreiro. Neste acto, o alcalde e o concelleiro tamén puideron comprobar o estado de execución da rampla que dará acceso á Igrexa.

O alcalde explicoulles que Santa Clara agocha segredos que os sorprenderán e tamén lles informou dos traballos que en colaboración coa Deputación provincial, a través do Museo de Pontevedra, se van a ir facendo nos vindeiros meses para coñecer tanto a historia como as posibilidades que ofrece esta xoia da cidade.

Neste primeiro mes o Concello ofreceu 640 prazas que se cubriron en media hora. As visitas serán nas fines de semana de febreiro (sábado e domingo), con catro quendas cada día. Cada grupo está formado por 20 persoas que garanten tanto as medidas de seguridade como a calidade da visita.

Os participantes poderán coñecer espazos como a Igrexa, os dous coros, refectorio, locutorios, salas de traballo ou os dormitorios entre outras estancias. Tamén se achegarán ao exterior para ver horta, xardín e Bosque da man dun guía.

O vindeiro 18 de febreiro, o sistema volverá a activarse para proceder coas reservas das visitas de marzo. A día de hoxe existe a posibilidade de se apuntar para a listaxe de agarda das visitas de febreiro, pero é preciso indicar que esa listaxe de espera non serve para as visitas de marzo, xa que será obrigatorio volver encher o formulario en liña habilitado na páxina oficial www.santaclarapontevedra.gal. A lista de espera actual só serve para, no caso de que alguén cancele a súa reserva —xa adxudicada— poida acudir outra persoa, a seguinte na lista, por rigorosa orde de petición.

O concelleiro de Patrimonio Xaquín Moreda xa indicou que a estes dous primeiros meses de visitas poderá seguirlles outros máis, xa que se segue existindo interese por parte dos pontevedreses e pontevedresas para coñecer o convento, ofreceranse máis visitas guiadas nos vindeiros meses.

Rampla de acceso á igrexa

O alcalde e o concelleiro Xaquín Moreda aproveitaron a visita para ver o estado de execución da rampla de metal e madeira que o Concello está a instalar no exterior da igrexa do cenobio para facela accesible, xa que está previsto que a igrexa se incorpore como espazo cultural e de encontro da cidade.

A rampla estará rematada a mediados da semana que vén cando se acabe de instalar a madeira.

Carta de Victoriana Jorde Herrero

Ao mesmo tempo, o alcalde tamén quixo facer pública a carta que recibiu da abadesa de Santa Clara, Victoriana Jorde Herrero, coa que o alcalde e o Concello mantén unha fluída relación logo dos últimos meses de contacto pola compra do convento na cidade.

O alcalde quixo que as madres tamén fosen partícipes da ledicia que vive toda a cidade pola incorporación do convento ao patrimonio municipal para uso de todos os pontevedreses e pontevedresas, e envioulle como agasallo da cidade un paquete con calendarios municipais de 2022 que este ano está adicado ao convento, así como as fotos da sinatura notarial da venda.

A misiva da abadesa de Santa Clara agradece o xesto cordial e humano do alcalde e a cortesía e amabilidade do trato da Alcaldía.