Placemaking volve a Pontevedra a celebrar a reunión do Consello de Administración

9
Será o paso previo á convocatoria do Congreso internacional que traerá a Pontevedra a máis de 400 expertos e expertas en deseño urbano no vindeiro mes de setembro.
O Consello de Administración terá unha apretada axenda para coñecer a cidade. A Igrexa de Santa Clara acollerá unha conferencia sobre deseños urbanos da man do alcalde e os membros  da organización.

Pontevedra acolle este xoves e venres, 10 e 11 de febreiro, o Consello de Administración do Placemaking Europe. Este será un encontro previo á celebración do congreso internacional que acollerá Pontevedra o vindeiro mes de setembro e que traerá á cidade do Lérez a arredor de 400 persoas vinculadas ao mundo do deseño urbano Sostible.

Os membros do Consello de administración do Placemaking terán nesta semana unha apretada axenda institucional. De feito, algúns deles xa acordaron pasar a fin de semana na cidade.

O xoves pola mañá, acompañados pola portavoz do Goberno e concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, recibirán as explicacións político-técnicas sobre o proceso de transformación de Pontevedra, así como un percorrido por diversas actuacións destacadas para coñecer de primeira man os cambios.

Ás 19.00 horas, na Igrexa de Santa Clara, habilitada por vez primeira como espazo socio-cultural, catro ponentes explicarán os proxectos da rede Placemaking Europe. A sesión rematarase cun diálogo no que participará o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, o director en España de Placemaking, Ramón Marrades, Fredrik Lindstal, presidente de Portos de Estocolmo e Vivian Doumpa, urbanista e xeógrafa.

O acto será de acceso libre até completar o un aforo de 155 persoas.

Na xornada do venres, haberá unha sesión do Consello de administración de Placemaking Europe no Concello de Pontevedra, que cede estas dependencias para este encontro, e serán recibidos oficialmente polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.