O Concello de Pontevedra aproba unha nova oferta pública de emprego

129
Até 14 prazas serán ofrecidas nesta nova convocatoria, que ofrecerá vacantes tanto de promoción interna como de quenda libre
Anabel Gulías lembrou que o obxectivo destas ofertas de emprego ten por obxectivo a modernización dos servizos públicos, amais da mellora das actividades realizadas na Administración

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías, deu conta esta mañá de luns, 14 de febreiro do 2022, da Xunta de Goberno celebrada a primeira hora e na que foi aprobada a publicación dunha nova oferta pública de emprego para o Concello de Pontevedra.

«Como sempre que sacamos algunha oferta pública de emprego, préstame lembrar que o obxectivo fundamental deste Goberno é seguir traballando na modernización desta Administración, e unha das cuestións máis básicas para logralo é a incorporación e a mellora dos recursos humanos da casa», comentou Gulías.

As prazas ofertadas son as seguintes:

  • 2 vacantes de técnico medio (promoción interna)
  • 2 vacantes de subalterno (quenda libre)
  • 2 traballadores sociais (quenda libre)
  • 1 bombeiro condutor (quenda libre)
  • 4 oficial electricista (2 promoción interna e 2 quenda libre)
  • 1 oficial condutor mecánico (promoción interna)
  • 1 vacante de oficial xardineiro (promoción interna)
  • 1 vacante de oficial de obras (promoción interna)