As obras perimetrais do Gorgullón, a piques de rematar, levarán o estándar de calidade urbana pontevedresa a todo o barrio

150
O alcalde sinalou que as actuacións realizadas no barrio forman parte dun proxecto integral de urbanismo de calidade que tenta achegar o Modelo Pontevedra a todos as zonas da cidade
Nos vindeiros meses, a imaxe irá ocupando todos los lugares que lle corresponde, desprazando a antiga marca e sendo recoñecida como propia pola veciñanza

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto co concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, visitou esta mañá de xoves as obras que se están a realizar nas rúas perimetrais á rúa do Gorgullón. O rexedor estimou que as actuacións rematarán en dúas ou tres semanas e permitirá unha mellora substancial na calidade urbana do barrio. 

A reforma destes espazos forman parte dos proxectos EDUSI, enmarcados dentro dos fondos da Unión Europea, ao mesmo tempo que se sitúa dentro do plan xeral Máis Modelo Pontevedra.  «Este é un exemplo de todo iso. Hai unha demanda social dos veciños que reclaman accesibilidade universal, calidade de vida, boa iluminación, bo mobiliario urbano e, en definitiva, espazos de convivencia», sinalou Fernández Lores, que tamén lembrou que o Gorgullón «podería ser considerado un barrio periférico da cidade, dalgunha maneira, pero os estándares de calidade deben ser os mesmos que os do centro histórico ou do ensanche de 1.800. Foi un proxecto de 260.000 euros que chega ao seu fin e que leva a calidade urbana recoñecida da cidade a todos os puntos desta, e así queremos que sexa, pensando xa nas zonas de baixas emisións que recolle a todo o núcleo de Pontevedra. Estamos moi orgullosos de como está quedando todo».

O alcalde tamén se reuniu con algúns representantes veciñais da zona, como é o caso de Luís Carballo, que aproveitou a ocasión para valorar positivamente  as obras realizadas ao longo dos últimos anos na zona, mais tamén para propoñer novos retos a atender. «Prestaríanos que o seguinte punto a tocar neste sentido fose Eduardo Pondal. É unha rúa que experimentou un calmado de tráfico desde o peche de Raiña Vitoria, pero cremos que segue a soster moito tráfico. Igual é moito pedir un arranxo desta rúa pero…», comentou o veciño. 

Carballo indicou que Eduardo Pondal ten un tráfico rodado intenso e pide algún arranxo nese sentido, pero recoñeceu que o peche da rúa Raiña Vitoria xa permitiu unha baixada da presencia de vehículos en determinados puntos como na entrada de Campolongo ou a redonda de Uxío Novoneyra, anteriormente «cun atasco continuo, para o que xa nunca é necesario poñer vallas».