Oito empresas optan a facerse co novo contrato para o mantemento e conservación das zonas verdes de Pontevedra

60

O Concello de Pontevedra celebrou esta semana a mesa de contratación para avaliar as propostas presentadas ao concurso para o mantemento e conservación das zonas verdes e o arborado viario do noso municipio. Tras proceder á apertura dos sobres A, coa finalidade de comprobar cantas empresas cumprían coas condicións e a documentación requirida e a cantas había que solicitarlles documentos adicionais, así como as posibles excluídas, as ofertas que serán analizadas (todas as presentadas) son as seguintes:


Para o Lote 1 (libre):


1. Acciona Medio Ambiente SA

2. Cespa, Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares SA (Grupo Ferrovial)

3. Elsamex Gestión de Infraestructuras SL

4. Eulen SA

5. UTE Audeca SLU – Xérmolo SA (Grupo Elecnor)

6. Valoriza Servicios Medioambientales SA (Grupo Sacyr)


Para o Lote 2 (talleres especiais de emprego):


1. Fundación para a Discapacidade e o Emprego Juan XXIII

2. Grupo Sifu Galicia SL