Marcos Rey asiste ao Taller de Tenencia Responsable de Animais impartido por Aecam no CEIP A Xunqueira I

79

O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, asistiu esta mañá no CEIP A Xunqueira I ao Taller de Tenencia Responsable de Animais organizado polo seu departamento en colaboración coa Anpa Celso Emilio Ferreiro e impartido polo colectivo de educación ambiental Aecam. Na charla participaron un grupo de alumnos e alumnas de entre 11 e 12 anos, aos que os expertos de Aecam tentaron concienciar sobre a grande decisión que supón ter un animal e as terribles consecuencias que teñen os abandonos.