A axencia de urbanismo Lestoux&Associés extrae exemplos de Pontevedra para a segunda fase do Programa de acción en centros urbanos do Ministerio de Fomento francés

19

Pontevedra recibiu esta mañá aos representantes da axencia francesa que fixeron unha visita de estudo á cidade, ao igual que un grupo de estudiantes da Politécnica de Madrid. Todos querían coñecer o modelo de cidade. 

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a varios representantes da Axencia francesa de urbanismo Lestoux&Associés que se achegaron á cidade do Lérez para facer unha visita de estudo e coñecer o seu modelo de cidade. O alcalde e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez estiveron acompañando á delegación durante a súa estancia na cidade.

Lestoux&Associés traballa en toda Francia (Cannes, Nantes, Estrasburgo, Le Havre, Grenoble…) na revitalización dos centros urbanos, e achegáronse a Pontevedra porque “escoitamos o modelo que se impulsou aquí, queríamos velo e ver como se pode duplicar nos nosos proxectos noutras cidades de Francia”, explicaba Ludovic Corbe, técnico de estudos da axencia.

Indicaba que a impresión foi “impresionante ver aos nenos na rúa, as cadeiras de rodas, as bicicletas, e os vehículos que circulan ao ritmo do peón. É impresionante”.

Aproveitarán a súa visita a Pontevedra para extraer exemplos que implantarán na segunda fase do Programa de acción para centros urbanos que esta axencia desenvolverá co Ministerio de Fomento francés.

Universidade Politecnica de Madrid 1
Universidade Politecnica de Madrid 1

Ademais da Axencia Lestoux&Associés, Pontevedra tamén recibiu esta mañá a visita de catro alumnos da Universidade Politécnica de Madrid que se achegaron á cidade para coñecer o seu modelo urbano.