Musicar poemas ou versos de Florencio Delgado, a proposta do Concello para o Día das Letras Galegas

43

A Concellaría de Normalización Lingüística vén de convocar o certame Música nas Letras, un concurso que busca incentivar o uso da Lingua galega na música creada e interpretada no Concello, co gallo das Letras Galegas.

Os participantes deberán musicar, con composicións orixinais, un poema ou versos do homenaxeado desta edición: Florencio Delgado Gurriarán.

As persoas interesadas deberán presentar a súa proposta no enderezo alingualatexa@gmail.com antes do 5 de maio.

ANUNCIO REDES
Concurso Música nas Letras