A segunda promoción de bos cidadáns caninos de Pontevedra completa a última aula do curso

81

O concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, asistiu onte pola tarde no campo de agility de Divertir Cans en Couso (Lérez) á aula de clausura da segunda edición dos Cursos para a Boa Cidadanía Canina, desenvolvidos desde o pasado mes de febreiro. Os talleres contaron con dous grupos de dez cadel@s adult@s cada un e doutro específico de 15 cachorros de entre 2 e 8 meses (a principal novidade desta edición), que, como avanzou o edil socialista, “pronto recibirán nun acto público o carné de aptitude que os converterá na segunda promoción de cidadáns caninos excelentes pertencentes a esta pioneira ‘universidade’ do civismo e a convivencia entre persoas e mascotas que puxemos en marcha en Pontevedra”.


Ademais de nas instalacións de Diverti Cans en Lérez, as aulas tamén foron realizadas en diferentes contornos da cidade, como os antigos terreos de Tafisa, o barrio de Monte Porreiro, a Alameda, o parque de Amalia Álvarez, a Praza de Barcelos e Campolongo.

Entre os contidos impartidos nos obradoiros polos expertos de Diverti Cans, Carlos Souto e Diego Álvarez, inclúense:


1. Aceptar a unha persoa descoñecida

2. Saudar, sentado/a, a unha persoa descoñecida

3. Aparencia e hixiene

4. Camiñar xuntos

5. Pasear entre persoas

6. Sentar, parar e tumbarse

7. Resposta á chamada

8. Relación con outros cans ou cadelas

9. Reacción ante distraccións

10. Separación supervisada