Un centenar de alumnos de Infantil e Primaria do CEIP Plurilingüe Froebel participa nunha nova sesión divulgativa do proxecto ‘O teu cole na historia’

52

Un centenar de nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Froebel (75 de Infantil e 35 de Primaria) participou esta mañá nunha sesión divulgativa organizada no marco do proxecto ‘O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna’, impulsado pola Concellería de Educación. O equipo creativo de Polo Correo do Vento desenvolveu un divertido taller no que os pequenos tiveron ocasión de afondar no coñecemento do seu colexio a través do mural elaborado a principios de ano por Kike Mauricio e Carlos Taboada e que ten como protagonistas ao pedagogo alemán Friedrich Fröbel (ou Froebel), que lle dá nome ao centro escolar, o antigo barrio da Moureira, a Ponte da Barca cando pasaba o tren e un arroaz subindo pola ría de Pontevedra.