O Concello adapta a Ordenanza da Pluvalía á nova normativa estatal e reduce o imposto a máis do 92% dos contribuíntes

69

A Xunta de Goberno local aprobou esta semana a modificación da Ordenanza fiscal da Plusvalía para adaptala á nova regulación do Estado. A modificación suporá a redución do imposto a máis do 92% dos contribuíntes, segundo explicou esta mañá o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González.

O concelleiro indicou que a modificación responde á adaptación ao Real Decreto de 10 de novembro de 2021 que modifica os coeficientes cos que se calcula o imposto municipal. En base a estes novos criterios, o departamento de Tesourería do Concello estima que a media dos recibos que emite o Concello rebaixarase nun 25%, e penalizarase a aquelas vendas de solo urbano que se teñan feito até 4 anos despois da compra “fundamentalmente para penalizar a compra especulativa”, aclaraba Raimundo González.

Pola súa banda, o Concello mantén o tipo impositivo dos últimos anos, que é dun 21%. Esta adaptación implica o descenso de máis do 25% dos ingresos municipais, é dicir, “son fondos que se manteñen no peto dos contribuíntes” suexitos a liquidar este imposto (vendas de solos urbanos, ou liquidacións de inmobles ou parcelas urbanas certas herencias).

Ao respecto da recadación, en 2020 a Plusvalía supuxo para as arcas municipais 1,5 millóns de euros; en 2021 foron 1,8 millóns e a estimación de 2022 é que sexa de 1 millón de euros, unha media de 500.000 euros menos que en anos anteriores.

Esta modificación da ordenanza terá que ser debatida no vindeiro pleno do 26 de maio, e logo de 30 días de exposición pública sen recibir alegacións, poderá ser aprobada definitivamente.