O Ganapán máis lambón regresa con receitas de alfajores de chocolate e carrot cookies

15

O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo no Mercado de Abastos de Pontevedra, regresa esta fin de semana na súa versión máis doce e lambona. Así, entre as actividades organizadas, destinadas a nenos e nenas de 4 a 10 anos, inclúense dous talleres de cociña nos que os rapaces terán ocasión de elaborar uns alfajores de chocolate (o sábado 28 de maio) e unhas carrot cookies (o domingo 29 de maio).


Ademais, segundo avanza a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, “os máis pequenos tamén poderán amosar as súas destrezas coas manualidades no Espazo Crea, cun obradoiro de creación duns divertidos astronautas espaciais, onde poderán percorrer a galaxia e aprender moitas cousas sobre as constelacións (sábado 28), e outro de confección de fermosas medusas nadadoras (domingo 29)”. “Tódolos talleres celebraranse a partir das 12:00 horas -indicou a edil socialista- e para participar neles será necesario inscribirse previamente a través do email oganapan@gmail.com antes das 16:00 horas do día anterior ao de celebración das actividades, precisando no correo a posible existencia de alerxias ou intolerancias. Recoméndase traer friameira para levar a casa as receitas elaboradas”.