O programa Ponteandadas regresa esta fin de semana cunha ruta polas parroquias de Xeve e Verducido

77

O circuíto de rutas saudables Ponteandadas 2022, impulsado pola Concellería de Deportes e Saúde en colaboración coa firma Naturgaliza Club, regresa o vindeiro domingo 5 de xuño cun itinerario que percorrerá as parroquias de Xeve e Verducido. A andaina partirá ás 10:00 horas da igrexa de Santa María de Xeve e completará un percorrido circular de dificultade media, cunha duración estimada de 2,5 horas. 


Todas aquelas persoas interesadas en participar poden realizar as inscricións a través do email ponteandadas@gmail.com, o teléfono 625 482 636 ou ben presencialmente na tenda Naturcamiña (Galerías Peregrina). O número máximo de participantes será de 300 persoas.