Tino Fernández felicita ao Aceites Abril Estudiantes R Mixto polo seu título de campión galego masculino en categoría minibasket

254

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiu esta mañá no Concello ao Aceites Abril Estudiantes R Mixto, que vén de proclamarse campión galego masculino en categoría minibasket na fase final disputada en A Estrada os pasados días 4 e 5 de xuño, despois de vencer na semifinal ao Traumacor Culleredo por 87-65 e na final ao Iberconsa Novobasket de Vigo por 83-47. Tal e como subliñou o edil socialista, trátase do primeiro triunfo a nivel autonómico “para este modesto club de Pontevedra que, a pesar de competir en categoría masculina, faino cunha escadra mixta (dado que a regulamentación vixente así o permite), o que aínda lle dá máis mérito ao seu triunfo, xa que ninguén o acadara con anterioridade”.


Fernández, que lles entregou como agasallo uns pendrives da Concellería de Deportes en pequenas caixiñas personalizadas, tamén salientou que “para chegar ata a fase final, o Estudiantes disputou 20 encontros, nos que venceu a tódolos seus rivais, proclamándose primeiro campións da fase zonal de Arousa e, a continuación, da fase galega Sur”. O edil socialista felicitou aos rapaces polas súas vitorias deportivas, froito da filosofía de traballo dun club que decidiu apostar por poñer técnicos de calidade a cargo das categorías inferiores, e animounos a continuar colleitando éxitos “tanto no baloncesto como nos estudos”.


Tódolos xogadores do equipo son nados en 2010 excepto un, que é do 2011:


1.- Daniela Cal

7.- Ero Peón

8.- Carla Sanmartín

11.- Fernando Fariña

13.- Sabela Solla

15.- Mateo Refojo

16.- Bruno López

17.- Daniel Charlín

23.- Ramón Rocafort

33.- Martín Rodríguez

96.- Pablo Vidal


Adestradora: Rosa Crespo

Axudante: Ana María Román