Ponteandadas propón unha ruta polas parroquias de Lourizán e Salcedo con visita ás Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras para este domingo 26 de xuño

49

O exitoso programa Ponteandadas, impulsado pola Concellería de Deportes e o Naturgaliza Club no marco do proxecto municipal A Vida é Movernos, regresa a vindeira fin de semana cunha ruta que discorrerá polas parroquias de Lourizán e Salcedo e que incluirá unha visita ao Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras (Salcedo). A camiñada terá lugar o domingo 26 de xuño, con saída ás 10:00 horas desde o Complexo Deportivo Rías do Sur (Pontemuíños) e un percorrido circular de dificultade media e duración estimada de 3 horas.


A inscrición a esta andaina poderá realizarse ata as 00:00 horas do mércores, enviando unha mensaxe cos datos persoais ao email ponteandadas@gmail.com ou ao teléfono 625 482 636: nome completo, DNI, data de nacemento, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto (tamén se poderá efectuar de xeito presencial na tenda Naturcamiña, no número 3 das Galerías Peregrina).