O Concello de Estrasburgo e o Consello de Europa, interesadosen coñecer e importar o modelo de Pontevedra

25
O alcalde e o tenente de alcalde convidan ao Concello de Estrasburgo a visitar a cidade do Lérez, e o Consello de Europa empregará o modelo de Pontevedra para facelo chegar aos 46 países do consello

A delegación pontevedresa remata a súa viaxe oficial a Estrasburgo, logo de participar no Foro do centro das
cidades no Parlamento Europeo, mantendo unha axenda paralela con outras institucións locais e europeas
como o Concello de Estrasburgo e o Consello de Europa onde seguiron promocionando o modelo
pontevedrés.

A pesar de que a axenda incluía no martes un encontro do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e do
tenente de alcalde, Tino Fernández, coa alcaldesa de Estrasburgo Jeanne Barseghian, as incidencias cos voos
de conexión fixeron imposible o encontro. A pesar diso, o Concello de Estrasburgo solicitou o encontro dos
representantes municipais de Pontevedra na tarde do mércores interesados no modelo da cidade do Lérez.
Foron recibidos polo tenente de alcalde Joel Steffen, xa que a alcaldesa escusou a súa presenza por motivos
de enfermidade. “Falamos de modelos urbanos”, explicou Fernández Lores quen afirmou que en Estrasburgo
“xa coñecían o modelo de Pontevedra e están facendo cousas por mellora a calidade de vida dos seus
veciños e veciñas”.

Foron convidados a visitar Pontevedra se lles resulta útil coñecer “un exemplo máis olístico, xa que nós
estaremos encantados de axudar nun momento en que están a caer os habitantes dos centros das vilas”.
Na mañá de hoxe, o alcalde e o tenente de alcalde mantiveron unha reunión coa xefa do departamento de
cooperación e relacións exteriores do Comité de autoridades locais e rexionais do Consello de Europa, unha
entidade internacional integrada por 46 país da UE e de fóra da UE.

“Quixemos poñernos a súa disposición no caso de que outros organismos, estados, cidades ou foro
internacional estea interesado en coñecer o modelo de Pontevedra, xa que pode servir de inspirador para
todo o Consello de Europa que inclúe 46 países”, explicou Fernández Lores.

O alcalde acompañado do tenente de alcalde, amosouse convencido de que “teremos futuros contactos co
Consello de Europa porque formamos parte e porque creemos que podemos achegar cousas a cidades
medianas e pequenas que poden implementar medidas que nós levamos 20 anos facendo”