Ponteandadas convida á cidadanía a participar este domingo nunha camiñada polo contorno do río Verdugo

63

A iniciativa Ponteandadas, impulsada pola Concellería de Deportes e Saúde no marco do programa A Vida é Movernos, anima aos pontevedreses a participar esta fin de semana nunha nova camiñada que se desenvolverá polo río Verdugo, na parroquia de Ponte Sampaio. A andaina terá lugar o domingo 10 de xullo, saíndo ás 10:00 horas da ponte medieval de Ponte Sampaio e completando un percorrido circular de dificultade media e duración estimada de 3,5 horas. 


A inscrición a esta andaina poderá realizarse ata as 00:00 horas do mércores, enviando unha mensaxe cos datos persoais ao email ponteandadas@gmail.com ou ao teléfono 625 482 636: nome completo, DNI, data de nacemento, dirección de correo electrónico e teléfono de contacto (tamén se poderá efectuar de xeito presencial na tenda Naturcamiña, no número 3 das Galerías Peregrina).