Volven as En3Vistas ás rúas e prazas da cidade do 18 ao 22 de xullo

9

Dez persoeiros de distintos ámbitos falarán do seu día a día reparando na normalidade do uso do galego. As conversas estarán moderadas pola xornalista Susana Pedreira. 

A Concellaría de Normalización Lingüística programa do 18 ao 22 de xullo a terceira edición do programa En3Vistas que pretende visibilizar a normalidade do uso diario do galego a través de conversas con persoeiros de distintos ámbitos. Como explicou o concelleiro Alberto Oubiña, responsable do departamento, “a lingua estará presente no programa, pero do que se trata é de coñecer o día a día destas persoas que dignifican o  uso da lingua galega”.

O programa estará moderado pola xornalista Susana Pedreira, e celebrarase en formato entrevista e diálogo a partir das 20 horas en distintos espazos públicos da cidade, amosando a recuperación que se ten feito dos distintos lugares da cidade.

As temáticas que se abordarán nesta edición serán a música, a literatura, o eido empresarial, a ciencia e a creatividade dixital.