A Boa Vila prepárase para acoller a Copa do Mundo de Triatlón que se celebrará o domingo 24 de xullo

383
A Policía Local de Pontevedra mantivo na xornada de hoxe reunións de coordinación co resto de corpos de seguridade da cidade, amais doutros servizos locais

Lémbrase que todo veciño ou veciña con dúbidas sobre como pode verse afectado polas restricións de mobilidade ou estacionamento pode chamar ao teléfono 98683308 

A cidade está xa preparada para acoller este domingo, 24 de xullo, a celebración da Copa do Mundo de Triatlón, unha competición que servirá de test práctico para a Gran Final das Series Mundiais que a Boa Vila acollerá o vindeiro ano, sendo este un dos eventos deportivos máis importantes de todo o Estado e, sen dúbida, o máis importante da Galiza.

Así, dada a importancia desta primeira proba, a Policía Local mantivo hoxe dúas reunións diferentes de coordinación e posta en marcha do dispositivo que establecerá o vindeiro domingo. A primeira xuntanza foi mantida entre representantes do corpo local, a Policía Nacional e a Garda Civil; que traballan de xeito conxunto para ofrecer a maior das seguridades para participantes e espectadores. Doutra banda, a Policía Local tamén mantivo unha reunión con representantes de diferentes servizos da cidade, como Bombeiros, Emerxencias ou Protección Civil; tamén coa idea de coordinar acción e informar do dispositivo que será posto en marcha durante o día 24.

En principio, as restricións do día da proba deportiva estarán vixentes no seguinte horario:

• Mañá entre as 9 e as 15:30 horas.

  • Tarde entre as 5:30 e as 20:30 horas.

Para minimizar o impacto que poida causar esta proba deportiva, a Policía aclarará dúbidas no teléfono 986833080. As persoas interesadas deixarán o seus datos de contacto e a consulta a resolver. Posteriormente, unha vez estudado cada caso, a Policía porase en contacto coa persoa para facilitarlle unha solución ou ampliar a información.

O plano das restricións a aplicar pola mañá do domingo é o seguinte:

Captura de pantalla 2022 07 19 a las 14.37.16

O plano para coñecer as restricións da tarde é o seguinte: 

WhatsApp Image 2022 07 19 at 2.17.57 PM

No referido ao estacionamento e as súas limitacións, quedan establecidas do seguinte xeito:

– A partir das 23.00 horas do xoves 21 de xullo

Avenida Bos Aires (entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte peonil Illa Esculturas) 

– Sábado  23 de xullo a partir das 08.00 horas

Estacionamento disuasorio Xoan Manuel Pintos

– Sabado 23 xullo a partir das 21.00 horas

  • Padre Amoedo 
  • Cruz Vermella
  • Salustiano Portela Paz
  • Irmáns Sobrido Buhigas
  • Álvaro Cunqueiro
  • Avenida Bos Aires (tramo entre Pte. do Burgo e Pte. dos Tirantes incluídos estacionamento interior de maxisterio e excluída fachada Praza da Abastos)
  • Padre Gaite 
  • Padre Fernando Olmedo  
  • Celso  Emilio Ferreiro
  • Viales do Campus Universitario
  • Avenida Compostela

Una vez mais, a Policía Local solicita a colaboración cidadá para que non se estacione no percorrido e que presten especial atención a sinalización vertical circunstancial que modifica o réxime normal de utilización da vía. Os vehículos que estacionen con posteridade a colocación do valado serán denunciados e o vehículo trasladados polo guindastre municipal —315 euros—.