A Feira de Artesanía Chalana cumpre un cuarto de século apostando por amosar e promocionar produtos exemplares e de alta calidade

74
Este mércores 20, ás 12.30 horas, procederase coa inauguración do espazo, que permanecerá aberto até o día 7 de agosto
Nesta ocasión, serán 13 os stands instalados na praza da Ferraría, incluíndo elementos e traballos de coiro, xoiería, pintura, esmaltes ou instrumentos musicais, entre outros 

A Feira de Artesanía Chalana celebrará este o seu cuarto de século. A XV edición desta feira será inaugurada este mércores 20, ás 12.30 horas.

Na práctica, a cita, que contará con 13 stands diferentes na Praza da Ferraría, permanecerá aberta até o 7 de agosto, cun horario de 11 a 14 e de 19 a 22.30 horas todos os días, sen variacións na fin de semana.

Este ano, e como é habitual, os stands porán para a súa venda elementos de coiro, tecidos, instrumentos musicais, esmaltes, cunchas mariñas, macramé, pintura, aloevera e xoiería; apostando a súa vez polos novos vendedores e as novidades dentro da artesanía galega e de todo o Estado.

A Chalana é un referente durante o verán na cidade, unha cita que permite achegar un produto artesán de calidade até a veciñanza e os visitantes que nestes días e os que veñen pasearán polas rúas de Pontevedra e pola Ferraría, un dos puntos máis coñecidos da Boa Vila.