O Teatro Principal de Pontevedra reanuda a súa actividade co ciclo de cine euroárabe “Amal en ruta” do 5 ao 9 de setembro

20


Na que será xa a súa sétima edición, proxectaranse tres ficcións e dous documentais, cada día ás 21 horas, con entrada de balde ata completar aforo


A concelleira de Cultura Carme Fouces, presentou esta mañá a sétima edición do ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta acompañada polo presidente da Fundación Araguaney Ghaleb Jaber Martínez e Fernando Méndez, coordinador da programación “O Teatro volve – logo das obras de mellora lavadas a cabo estes meses cunha programación cultural potente que iremos desgranando. Logo das Festas, o Principal será de novo o centro cultural de Pontevedra e é un pracer abrir as portas a partir do luns con Amal. Un programa feito con agarimo e experiencia. A cultura é o que nos define e é moi precisa a mirada a mirada talentosa, veraz e fresca que lanza Amal e que é clave para saír do discurso homoxéneo que en Occidente nos fan crer” apuntaba Fouces.

Na súa quenda de palabra e antes de debullar a programación Ghaleb apunto o seu agradecemento ao Concello de Pontevedra, que “sinto xa como a miña casa xa que levamos 7 anos traendo aquí o festival. E moi importante e de agradecer que as Administracións Públicas pelexen polos pequenos sectores culturais contras as grandes maquinarias propagandísticas. Entre outra cuestión o apoio ao cinema árabe, facilita que os seus protagonista poidan seguir traballando”.

Segundo avanzou, na escolma desta edición está presente a “loita do amor en diferentes ámbitos e contextos contra todos aqueles que queren que o amor desapareza. A primeira delas é unha historia de amor a través da amizade. A segunda fala do amor á familia. O amor á vida é o protagonista do 3º filme. Na 4ª peza, fálase da loita contra os prexuíxos da sociedade fronte o amor na idade madura e a película de clausura  é un exemplo de que o amor derriba muros”

Luns 5 ás 21h. “Gods of Molenbeek (Aatos ja Amine)”: https://vimeo.com/313579394

Martes 6 ás 21h. “200 metros (200 METERS)”: https://www.imdb.com/title/tt12246266

Mércores 7 ás 21h. The return: Life after ISIS”: https://www.youtube.com/watch?v=fqzI1CUvzZk

Xoves 8 ás 21h.“Gaza mon amour”: https://www.youtube.com/watch?v=S41qfto-MdE

Venres 9 ás 21h.  “The reports on Sarah and Saleem”: https://www.youtube.com/watch?v=Ski48ofys3s

Este ciclo de 2022 supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade e un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela en outubro de 2021.  Está composto de cinco películas –tres ficcións e dous documentais, en versión orixinal subtituladas en castelán – que teñen un considerable recoñecemento nos principais festivais de cine internacionais.

Poderanse ver entre o luns 5 e o venres 9 de setembro de forma gratuíta ata completar aforo, ás 21 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Descargar programa completo aquí