Plan de seguridade da Feira Franca

15

A Policía Local de Pontevedra xa ten rematado o Plan de Seguridade da  XXI edición da Feira Franca. Estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de setembro.

A partir das 12 h., un equipo de Policía Local e Bombeiros inspeccionará os postos para determinar que se adaptan ás normas establecidas pola organización:

  • Parrillas só carbón
  • Extintores, preto das parrillas
  • Podránse instalar só os autorizados.
  • Espazo  ocupación autorizado, especialmente nas vías de penetración e evacuación.

Durante a celebración da Feira Franca fixaranse os seguintes puntos de emerxencia:

  • Posto avanzado médico no Teatro Principal
  • Tres ambulancias mecanizadas:
    • Valentín García Escudero
    • Bastida/ Michelena.
    • Alameda.
  • Protección Civil:
    • Praza Ourense.
  • Bombeiros
  • Praza España
  • Valentín García Escudero.

En  distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados haberá unha seríe batería de extintores. 

Vías de penetración e evacuación

Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia, establécese como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas:

Real – Sarmiento – Isabel II – C. Enriquez – F. Villaverde – Michelena.  

image 1

Aparcadoiros disuasorios

image 2