As sondaxes do PMUS revelan que o 85% cree que a reducción do tráfico motorizado mellora a calidade de vida en Pontevedra

23

O pasado 31 de agosto rematou o prazo para realizar achegas ao Plan de Mobilidade Urbana e Sostíbel (PMUS) do Concello de Pontevedra, e o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez ofreceu hoxe o resultado das 82 achegas recibidas tanto a través da web municipal como dos obradoiros realizados durante este período. Segundo o concelleiro, as 82 achegas “é unha cifra moi interesante para un documento de este tipo que é árido, teórico e frío”.

Degranou que a maioría das persoas que participaron nesta fase de achega “están de acordo coas opcións que se manifestan no PMUS. Non todas, pero de maneira conxunta, si”. Chega a esta conclusión por dous datos: o 85,3% do apoio á primeira pregunta sobre que a redución do tráfico motorizado mellora a calidade de vida das persoas, xunto ao 77,5% de respaldo á alternativa de balde na creación das zonas de baixas emisións.

Tamén destacou que o 76% das persoas que participaron consideran que a cidade teñen suficientes espazos peonís, e entende que responden a persoas que maioritariamente se desprazan camiñando.

Comparou, asimesmo, o grao de satisfacción da veciñanza coa cidade, coas rúas nas que os veciños e veciñas reclaman que se actúen como na rúa das Fragas, Ciriña, Xosé Malvar, Raíña Victoria, Santiña ou Barcelos, entre outras. “Pídese máis modelo Pontevedra, máis rúas adaptadas a este modelo. Polo tanto vemos unha escolla de aposta polas medidas que aparecen no PMUS”, concluíu o concelleiro.