Nacho Vegas, Alberto San Juan ou Juan Carlos Cambas entre as novidades que completan a programación dos vindeiros meses

3


Xa están á venda anticipada en Ataquilla.com as entradas e abonos para As Matinés do Principal , Ponteatro e Domingos do Principal, A viaxe de Juan Carlos Cambas, Jazz no Principal e Nueva York en un poeta de Alberto San Juan. O luns sairán á vendas as entradas de Nacho Vegas.

O concerto de Mahmood previsto para o 12 de novemebro foi adiado para os primeiros meses do 2023 a petición do artista.

Mañá as 19h. na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura terá lugar a inauguración da mostra colectiva de traballos de alumnado de Belas Artes ‘Do final e do comezo 2022’

Línea
A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá novidades e reaxustes de programación cultural para os vindeiros meses. “Mantemos esa filosofía de presentar a programación en bloques trimestrais para ter esa visón global de Telescopio da Cultura. As veces é preciso facer comparecencias como a de hoxe para ampliar a ou modificar a información pero preferimos dar esa panorámica para que o público poida planificarse con tempo. Arrancoua programación con ciclo de cinema ‘Amal en ruta’ con éxito de público. É moi gratificante ver como a xente responde a estas programacións feitas con moito agarimo.”

Comezando polas modificacións sobre a programación xa avanzada, Fouces apuntou que “o Cineclube adiará dúas semanas o seu inicio. Estreamos o novo proxector con Amal en Ruta e quen estivo alí puido comprobar que hai unha mellora sustancial na calidade do son e da proxección. No caso de  Mahmood, que tiñamos programado para o 12 de novembro no Pazo da Cultura, van moi retrasados coa grabación do dísco así que pediron adialo case seguro para os primeiros meses de 2023. Recollemos a petición do artista e asignaremos unha nova data”

A concelleira anunción que se manterán os prezos populares para as actividades con custo e que dende hoxe están á venda en Ataquilla.com os abonos dos ciclos Domingos do Principal, a un prezo de 19 euros para o total de 8 sesións que terán lugar compa sempre en pase matinal e de tarde entr o 2 outubo ao 20 de novembro. As entradas soltas manteñen o prezo único de de 4€. Tamén botou a andar hoxe a venda de abonos a un prezo de 32€ para as 6 funcións de Ponteatro, que terán lugar entre o 6 de outubro e o 10 de novembro e manteén nas entradas individuais o prezo de 8€ (4€ para estudantes, maiores de 65 e desempregados). Tamen poden mercarse a partir de hoxe as entradas a un prezo de 3€ para os eventos de Jazz no Principal. As entradas de As Matinés están á venda desde o pasado luns 5 cun prezo de 30€ o abono e de xeito individual a 16€ o de María Arnal do 8 de outubro e 14€ o de A Pedreira do 29 de outubro. Os menores de 14 anos gozarán dun 50% de desconto sobre os prezos das Matinés.

Sobre as novidades de programación de de cara a xaneiro o 21 terá  lugar o espectáculo teatral de Alberto San Juan ‘Nueva York en un Poeta’ con entradas á venda desde hoxe mesmo a un prezo de 12€ (e€ para estudantes, desempregados e maiores de 65) e Nacho Vegas o 27 que lanzará a venda de entradas o luns 12 ás 10h. con prezos a partir dos 12e+ gastos e ata os 18€.,

Sobre a programación máis inminente, no mes de setembro, Fouces destacou que “a parte de Amal que xa están en funcionamento, mañá ás 19:00h. inauguramos no Pazo a mostra ‘Do final e do comezo’ que regolle os traballos de grao do alumnado de Belas Artes. Un clásico da nosa programación que estará instalada ata o 30 de outubro. O día 16 de stetembro botan a andar os obradoiros de escrita que cada ano facemos da man de AELG e esta ano contarán con Berta Dávila e a música inicia o 17 de setembro no Teatro Principal cun artista ao que queremos moito – e que tamén forma parte da nosa política de interculturalidade igual que é o caso de Amal e outros casos – que é Juan Carlos Cambas, un músico magnífico, compositor, pianista arxentino- galego e que xa leva tempo xirando cu disco que se chama ‘A viaxe’  que volo recomendó moitísimo. Fala da emigración ente Galicia e Arxentina, da historia dose seus país e de como fixeron eses camino. Sete persoas no escenario, u concertó moi apetecible e aun prezo moi accesible apra que ninguén se vexa limitado. Xa están á venda as entradas a un prezo de 3€ en Ataquilla.com”