Deportes adianta ao sábado 24 de setembro a celebración da Ponteandada Nocturna dos Fachos

105

Coa finalidade de evitar a súa coincidencia con outra andaina organizada para esa mesma fin de semana, a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde e o Naturgaliza Club decidiron adiantar ao sábado 24 de setembro a Ponteandada dos Fachos, prevista inicialmente para o sábado 1 de outubro. Trátase dunha andaina nocturna, a única incluída no exitoso programa municipal, que partirá ás 20:00 horas da Praza de España, completando un percorrido circular de dificultade baixa e duración estimada de 2 horas.


Tal e como explica o tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Tino Fernández, “todas aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través do email ponteandadas@gmail.com, no teléfono 625 482 636 ou presencialmente na tenda Naturcamiña (Galerías Oliva, nº3, Pontevedra)”.