Deportes abrirá mañá a inscrición para as Escolas Deportivas Municipais vía online e cunha oferta de máis de 2.000 prazas en 20 especialidades distintas

307
  • O tenente de alcalde agarda que o programa, que supón unha achega municipal de 82 euros por rapaz (en 2019 era de 60 euros), se poida poñer en marcha a partir do 1 de outubro de 2022

A Concellería de Deportes, que dirixe o socialista Tino Fernández, abrirá mañá xoves 15 de setembro ás 9:00 horas por vía exclusivamente telemática o prazo de preinscrición das Escolas Deportivas Municipais (EDM) 2022-2023, que, en previsión de que a oferta poida mesmo incrementarse, permitirán a máis de 2.000 nenas e nenos pontevedreses elixir entre 19 especialidades deportivas diferentes impartidas por 32 clubs. As solicitudes poderán presentarse até as 23.59 horas do martes 20 de setembro de 2022 a través do enlace específico que se colgará na sección da web do Concello https://apuntate.pontevedra.gal/edm/ e que tamén se divulgará a través de redes sociais.


Case 2.000 escolares poden formar parte das Escolas Deportivas Municipais de 2022. En total, serán 93 grupos de estudantes que recibirán instrución na vintena de disciplinas ofertadas.


Os deportes nos que se ofrecen prazas son atletismo, educación física, formación para o deporte, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, montañismo, fútbol, tenis, tenis de mesa, rugby, salvamento acuático, taekwondo, voleibol, xadrez, ximnasia acrobática e ximnasia rítmica.


Os clubs colaboradores son Arxil, Cab Pontevedra, Boa Vila Basket, Baloncesto Estudiantes, Bádminton Ravachol, Sociedad Gimnástica, Club Atletismo Rías Baixas, CB Cisne, Club Treboada, Xiada, Pontus Veteris, Escola de Xadrez, Voleibol Pontevedra, Tenis de Mesa de Monte Porreiro, Casino Mercantil, Club de Tenis, Taekanar, Mace Sport, Club de Salvamento Acuático, Pontevedra Rugby Club, Mareantes, SCD Salcedo, Leis 26, Salgueiriños, Indepo, Portero 2000, AJ Lérez, ACD A Seca, Aromon, Club Ciclista Farto, Teucro e Cisne.


As sesións terán lugar nos pavillóns Municipal, Marcos da Portela, Xunqueira I, Xunqueira II, Príncipe Felipe, Cabanas, Frei Martín Sarmiento, Sánchez Cantón, CGTD, no Pavillón Universitario, no do Colexio Los Sauces, nos campos de fútbol Manolo Barreiro, no Multiúsos da Xunqueira, no rocódromo municipal do Multiúsos da Xunqueira, no parque polideportivo do Mercantil, no Club Mace Sport, no Centro Deportivo Municipal de Campolongo, no campo de rugby de Monte Porrerio, no campo de fútbol de Campañó, no Club de Tenis, na praza de Fermín Bouza Brey e no monte de Salcedo.


Cada estudante terá que aboar, cando obteña a súa praza, 50 euros por todo o ano. Tino Fernández agarda que o programa, que supón unha achega municipal de 82 euros por rapaz (en 2019 era de 60 euros), se poida poñer en marcha a partir do 1 de outubro de 2022.