Mantense a situación de prealerta pola seca porque o caudal do Lérez segue por debaixo de 1,8m3/s

29

O Concello de Pontevedra volveu celebrar esta mañá unha reunión pola seca na que participaron os concellos que captan do sistema de abastecemento de Pontevedra, máis Augas de Galiza. A concelleira responsable do Ciclo da Auga, Carme da Silva, explicou que se mantén a situación de prealerta, dado que o caudal do río está en 1,759m3/s, por debaixo de 1,8 m3/s, considerado nivel de normalidade.

O encoro de Pontillón do Castro continúa pechado para manterse como reserva e a día de hoxe está unha porcentaxe do 82,10%.

Carme da Silva tamén indicou que se manteñen estables os consumos dos distintos concellos que se abastecen do sistema, logo de pasar os picos estacionais do verán. De feito, o consumo medio é de 30.946m3.

Mantense a situación de prealerta “porque o caudal está por debaixo do 1,8 m3/s”, explicaba Carmen da Silva, quen recordou que “cada episodio de chuvia amosa que o río baixa un pouquiño menos. Agardamos que vaia facendo isto cada vez que vén unha borrasca ou se estabilice a situación meteorolóxica do outono, e o mínimo do río se fixe un caudal de normalidade”.