Placemaking Week Europe deixa a súa pegada no rematado mural artístico da rúa San Antoniño

29

O artista de Cestola na Cachola, Miguel Peralta rematou nestes días a intervención realizada na medianeira do cruzamento da rúa San Antoniño con Altamira que recorda ás mulleres do mar que levan as cestas de peixe na cabeza. A intervención do autor en colaboración con  Xoana Almar, ambos do colectivo Cestola na Cachola, está incluída dentro das actividades paralelas da Placemaking Week Europe, grazas a unha colaboración coa Deputación da Coruña e do Concello de Carballo.

Na presentación desta iniciativa o autor lembrou que tiña total liberdade para executar o mural pero non desvelou cal sería a temática do seu traballo polo que resultou toda unha sorpresa. A intervención incrementa o valor do barrio ao incorporase aos primeiros murais da cidade.

A actuación artística foi unha colaboración financiada pola Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, co propósito de amosar o poder de cambio que estes murais teñen na contorna urbana, dentro do marco da Placemaking Week Europe.