O alcalde recibe ao alumnado do SEK que participa no programa de intercambio Erasmus+

29
A sala multiusos do Teatro Principal foi o lugar escollido para a xuntanza, con profesorado e alumnado chegado de Italia, Letonia, Lituania, Portugal e Turquía  

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu esta mañá a preto de medio centenar de alumnos e alumnas participantes no programa de intercambio Erasmus+. O centro implicado neste caso foi o SEK-Atlántico de Pontevedra, que está sendo anfitrión de alumnado e profesorado de centros educativos de Italia, Letonia, Lituania, Portugal e Turquía.

Tal e como sinalaron desde o SEK, os rapaces rapazas realizarán diversas visitas a lugares de interese cultural dentro da provincia e da cidade. Tamén realizarán unha visita a Santiago esta mesma semana.

O rexedor ofreceulles a benvida á cidade, e tentou achegarlles algunha información relevante sobre a cidade e o posicionamento internacional que logrou acadar ao longo dos últimos anos, froito do proceso de transformación vivido no eido do urbanismo e a accesibilidade universal nas rúas.

Erasmus SEK 3