Pisando Forte e Escola Feminista para a Mocidade volven apostar polas actividades diversas, formativas e reflexivas
42
O edil de Xuventude, Alberto Oubiña, presentou este mércores os novos programas destes ciclos para a mocidade pontevedresa que xa teñen abertos os seus buzóns de solicitudes
O concelleiro de Xuventude, AlbertoOubiña, presentou esta mañá de mércores, 19 de outubro, unha nova edición da EscolaFeministaparaa Mocidade e unha nova edición de PisandoForte, dous programas diferentes pero relacionados, procurando o primeiro ser un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista dirixida preferentemente á mocidade de 15 a 35 anos; e o segundo un programa formativo para a autonomía e desenvolvemento persoal pensada para xente moza de entre 15 e 35 anos; a través de formacións de carácter totalmente flexible, dinámico, participativo e diverso.
O edil lembrou que desde a pandemia da Covid-19, o equipo que forma a área de Xuventude formulou unha idea de traballa ao redor de cinco bloques ou cinco programas: Ponteverán, Xeración Sónica, Noites Abertas, Escola Feminista para a Mocidade e Pisando Forte.
Estes dous últimos programas serán desenvolvidos desde novembro e até marzo do vindeiro ano. O obxectivo destes núcleos «é ofrecer unha programación diversa para a mocidade, que teña en conta a súa formación, as súas inquedanzas e as novas maneiras de ver o mundo, xunto con todas aquelas necesidades que van xurdindo», explicou Oubiña.
PisandoForte é un ciclo de actividades que foi evolucionando ao longo das edicións, partindo da empregabilidade, até chegar a novas demandas e novas cuestións. O programa deste ano inclúe os seguintes cursos:
Curso de manipulación de alimentos e normativa de alerxias e intolerancias (en liña e presencial)
Obradoiro Maldita.es: para que non cha Coen. Distingue a información fiable
Baño de Bosque (Shirin Yoku)
Curso de Produción Musical
Obradoiro de emprendemento
Obradoiro Maldita.es: Ciberseguridade, saúde dixital e erradicación do odio na rede
Obradoiro de saúde e conciencia social
Obradoiro de Teatro-Improvisación para a procura de emprego
Pola súa banda, a EscolaFeministadaMocidade contempla as seguintes actividades:
Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Construíndonos en tea’
Círculo de Empatía
Interseccionalidade e teatro da oprimida. Privilexios dunha muller branca
Sexo, poder e parella
Club Bordadoras feministas: Obradoiro ‘Borda o teu manto 8M’
Como axudo? Modos de acompañar as afectadas polas violencias machistas
Agresións sexuais. Conversas entre iguais
Racha co teu macho
En total, ambos os dous cursos contan cun orzamento de 18.500 euros —10.500 de Pisando Forte e 8.000 euros da Escola Feminista—. Toda a información dos programas, a reserva de prazas, a tipoloxía das actividades e demais pode ser consultada nas webs do Concello www.apuntante.pontevedra.gal e tamén wn www.xuventude.pontevedra.gal.
As actividades están pensadas, nun principio, para persoas de entre 15 e 35 anos, se ben, no caso de quedar prazas baleiras podería ampliarse este rango de idade, polo que desde o Concello se insta a formalizar igualmente a reserva, aínda sen estar dentro da idade suxerida.