Abre a convocatoria de portfolios de ilustradores/as galegos que desexen candidatarse para a deseñar o cartaz da vindeira edición do Salón ‘Libros para xogar’

344


O prazo de recepción das propostas no enderezo salondolibro@pontevedra.gal permanecerá aberto entre as 18.00h de hoxe e as 23.59h do 11 de decembro

O dossier, en formato PDF, conterá unha selección de entre 10 e 30 ilustracións recentes e un breve CV onde se indique lugar de nacemento e lugar de residencia actual

O/A seleccionado/a terá un máximo dun mes, a partir do momento de comunicación da súa escolla, para presentar a súa proposta de cartel acorde ao lema

Seguindo a liña de edicións anteriores e como forma de apoio ao sector creativo galego, escoller a un/unha profesional da ilustración galeg@  – ou que desenvolva a súa actividade en Galicia – para deseñar o cartel da XXIV edición do Salón que terá lugar entre o 21 de abril e o 7 de maio de 2023 e levará por título ‘Libros para xogar’

A escolla farase en base aos portfolios de ilustración recibidos ata o 11 de decembro de 2022 (hora máxima: 23.59h -hora de Galiza) no email salondolibro@pontevedra.gal entre ilustradores e ilustradoras galegos ou ilustradores doutra procedencia que residan e realicen a súa actividade profesional en Galiza.

Os portfolios participantes na convocatoria deberán presentarse nun dossier en formato pdf que contará con non menos de dez ni máis de trinta ilustracións escollidas entre o seu traballo recente. Deberá contar tamén cun breve CV onde se indique lugar de nacemento e lugar de residencia actual e, no caso de exceder o 6 megas de peso, deberase facer a través de envío de enlace de descarga de wetransfer ou servizo similar.

A organización do Salón valorará a calidade técnica, compositiva, a adecuación ao público infantil e xuvenil das obras, o universo creativo do artista e a potencialidade do seu traballo, independentemente da súa traxectoria previa. Terase en conta a orixinalidade e a capacidade comunicativa do conxunto da seu traballo.

A persoa seleccionada recibirá por esta encarga de traballo un importe de 3.000€ brutos, abonados – unha vez finalizado o traballo e segundo os trámites administrativos pertinentes – a través do Servizo de Infraestruturas Culturais do Concello de Pontevedra.

Terá un máximo dun mes, a partir do momento de comunicación da súa escolla, para presentar a súa proposta de cartel, adaptado á plantilla base do cartel, cun tamaño do arquivo 40x60cm (con 3mm de sangrado por cada lado), Formato: TIFF Resolución: 600 ppp. Modelo de cor: CMYK. Antes de entregar a ilustración final, o ilustrador/a seleccionado proporcionará á organización do Salón un bosquexo ou varios bosquexos do mesmo, que terá que ser aprobado pola dirección artística do Salón. A ilustración resultante deste proceso será a imaxe do cartel da edición de 2023 do Salón.

Toda a información sobre as condicións da convocatoria está a disposición das persoas interesadas en www.salondolibro.gal