O Concello adxudica a iluminacion de Nadal a Creaciones Luminosas por 140.000 euros

7

En colaboración con Zona Monumental e Aempe, a iluminación encenderase o vindeiro 16 de decembro, e permanecerá até o día de Reis. 

Estará encendido no horario habitual: de 18.00 a 02.00 horas todos os días, agás Noiteboa e Final de ano que permanecerá encendido até as 04.00 horas. 

O Concello de Pontevedra aprobará o vindeiro luns a adxudicación á empresa Creaciones Luminosas S.L. a instalación do alumeado de Nadal nas rúas do centro e dos barrios da cidade por 140.000 euros, logo de reunir na xornada de hoxe a Mesa de contratación que eleva esta proposta á Xunta de Goberno. 

A iluminación das festas de Nadal complementarase coa achega das asociacións comerciais da cidade: Zona Monumental e Aempe. A iluminación acenderase o vernes, 16 de decembro até o día de Reis. Permanecerá encedida cada día no horario habitual de cada no: de 18.00 a 02.00 horas e os días de Noiteboa e de Final de ano permanecerá encendida até as 04.00 horas.

Polo tanto está previsto a iluminar con arcos as seguintes rúas e prazas da cidade e dos barrios:

  • Todo o centro histórico
  • Rúa Oliva: 10 uds
  • Rúa Benito Corbal (zona peonil): 6 uds
  • Rúa Benito Corbal (zona rodada): 5 uds
  • Rúa Santa Clara: 5 uds
  • Rúa Cobián Roffignac: 10 uds
  • Paseo de Colón: 5 uds
  • Rúa Daniel de la Sota: 6 uds
  • Rúa Echegaray: 5 uds
  • Rúa Estribela: 4 uds
  • Rúa Fondevila: 4 uds
  • Barriada da Seca: 3 uds
  • Rúa García Camba: 6 uds
  • Rúa Joaquín Costa até o cruzamento do hospital: 9 uds
  • Rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gomez: 6 uds
  • Avenida de Lugo: 2 uds
  • Rúa Marqués de Riestra: 7 uds
  • Rúa Marquesa: 3 uds
  • Rúa Michelena: 10 uds
  • Monte Porreiro: 6 uds
  • Avenida Peregrina: 13 uds
  • Pontes Sampaio: 6 uds
  • Rúa Rosalía de Castro (zona ancha): 6 uds
  • Rúa Rosalía de Castro (zona peonil): 5 uds
  • Rúa Sagasta: 5 uds
  • Rúa Virxe do Camino: 9 uds
  • Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado: 4 uds
  • Rúa Frei Xoán Navarrete: 3 uds
  • Andres Muruais 4 uds
  • Curros Enríquez 3 uds
  • Verdura 3 uds
  • Peirao 1 uds
  • Don Gonzalo 8 uds
  • Cesar Boente 7 uds
  • Sarmiento  5 uds
  • San Román 12 uds
  • Soportais da Ferraría 4
  • Fernández Villaverde 1 uds
  • Manuel Quiroga 6 uds
  • Rúa Real 13 uds
  • Serra 6 uds
  • Princesa 1 uds
  • Avda Santa María 1 uds
  • Rúa Alta 1 uds
  • Bastida 1 uds
  • Alfóndega 2 uds
  • Rúa Alameda : 12 uds
  • Rúa Santa Clara : 4 uds
  • Rúa San Antoniño : 10 uds
  • Glorieta Compostela: 3 uds
  • Praza Ferraría
  • Cobián Areal 7 uds
  • Uxío Novoneira 5 uds
  • Rúa Joaquin Costa dende o cruzamento do Hospital até Doce de novembro: 6 uds
  • Glorieta Loureiro Crespo: 4 uds
  • Praza Ourense: 7 uds
  • Rúa San Roque: 9 uds
  • Avenida de Vigo: 15 uds
  • Avenida Eduardo Pondal: 20 uds
  • María Victoria Moreno: 17 uds
  • Xeneral Rubín 6 uds
  • Plaza de España: 8 uds
  • Avenida Doce de Novembro: 4 uds
  • Fernando Olmedo 9 uds
  • Josefina Arruti 13 uds
  • Rúa Estación 8 uds
  • Rúa da Estrada 11 uds
  • Xoán Carlos I 9 uds
  • Praza de Barcelos 15 uds
  • Avda Bos Aires
  • Praza de Galicia 10 uds
  • Augusto García Sánchez 12 uds
  • Castelao 8 uds
  • Blanco Porto 5 uds
  • Cruz Gallástegui 10 uds
  • González Besada 7 uds
  • Rúa dos Ferreiros 4 uds
  • Raiña Victoria 4 uds
  • Pintor Virxilio Blanco  4 uds
  • Urbano Lugrís 4 uds
  • Manuel Colmeiro 4 uds
  • Hermida Fariña 4 uds
  • Javier Puig  4 uds
  • Víctor Cervera 4 uds
  • José Millán 4 uds
  • Álvarez Limeses 4 uds

Ao igual que en anos anteriores, a iluminación completara con outros motivos de Nadal en distintos rúas e prazas da cidade. Está previsto iluminar:

  • Os accesos á cidade
  • Camelios  praza de Ourense
  • Árbores praza de San Xosé
  • Instalar unha árbore artificial de 20 metros de alto na Praza da Ferraría,
  • Instalar unha árbore artificial de 10 metros Méndez Nuñez
  • Instalar 4 bolas artificiais en
    • Hospital Provincial
    • Rosalia de Castro
    • Praza de Compostela
    • Peregrina
  • Instalarase unha árbore artificial na Parda
  • Un almendro de luz en Barcelos
  • Un corazón  en Monte Porreiro
  • Iluminarase a árbore natural do cruzamento de Eduardo Pondal con Uxío Novoneira e Gorgullón.
  • A sede administrativa do Concello, Michelena 30
  • Concello Praza de España
  • Teatro Principal
  • Pazo da Cultura
  • Colocaran mantos de luz en:
    • Na praza Méndez Núñez
    • Na praza Leña

A iluminación do Nadal é unha das distintas partes das que consta a programación festiva do Concello que se presentará nos vindeiros días.