Xogos na rúa converte este sábado o barrio da Moureira no escenario da procura dun tesouro

2

Unha xincana inter-barrios e un Escape de barrio, no mes de novembro, pechan a programación deste ano.

Xogos na Rúa é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade que convida a nenos/as e maiores a converter o espazo público nun lugar de encontro lúdico e  inter-xeracional

Para participar e preciso inscribirse en apuntate.pontevedra.gal 

A Moureira será na tarde do vindeiro sábado, 26 de novembro, escenario dunha divertida aventura. A nova cita de Xogos na Rúa reta ás nenas, nenos e maiores (ás familias participantes) a atopar un tesouro agochado no antigo barrio mariñeiro da cidade, berce de xente brava e traballadora vencellada ao mar. mais tamén dalgún pérfido pirata como o afamado Benito Soto. As prazas para esta actividade están esgotadas.

A partir das 17.00 horas os participantes terán por diante un máximo de dúas horas para acadar o obxectivo. Un mapa, probas e pistas axudaranos nun percorrido, no que a diversión está asegurada.

Xogos Na Rúa Efecto PO2 son unhas xornadas lúdicas – promovidas pola Concellería de Promoción da Cidade, dirixida por Anabel Gulías- que convidan ás familias a ocupar distintas rúas e prazas da cidade co dobre obxectivo de converter o espazo público nun punto de encontro lúdico e  inter-xeracional no que compartir xogos, risas e diversión e, por outra banda, nun escenario ideal para estreitar lazos de amizade, xerar empatía e solidariedade entre a veciñanza  e construír barrio.

Dúas propostas máis antes de fin de ano

Ao 2022 aínda lle queda un mes por diante e aos Xogos na Rúa dúas citas máis antes do remate do ano – o 11 e 27 de decembro-, nas poderán participar, como sempre, familias ou grupos de amizades cando menos cun neno/a maior de 3 anos e menor de 12 anos e unha persoa adulta ao cargo (nai, pai, curmán, avoa, irmán maior,…). É recomendable que o equipo teña un mínimo de 3 persoas, co fin de que poidan participar dun xeito activo en todas as propostas.

Xogos na Rúa propón para o mes de decembro as seguintes actividades:

  • Xincana inter-barrios

Xogo familiar de superación de retos nun barrio que non é o teu. A quedada é o domingo 11 de decembro, de 11 a 13 horas, e os cruzamentos de barrios won os seguintes :

  • Campolongo xogará no Gorgullón
  • Pontevedra Leste en Valdecorvos
  • Valdecorvos en Campolongo
  • Gorgullón en Pontevedra Leste
  • Escape de barrio

Con probas de habilidade, inxenio e observación os participantes saberán máis do lugar. A cita é o martes 27 de decembro, de 17 a 19 horas, na Zona Monumental-O Burgo

Para xogar é preciso inscribirse. A inscrición será de balde e obrigatoria a través de apuntate.pontevedra.gal ou da páxina web do Concello: pontevedra.gal

Xogos na Rúa é moito máis cunha proposta lúdica, é unha ferramenta para crear comunidade e construír cidade. Estes son os seus obxectivos:

  • Animar á ocupación do espazo público, pensado e organizado en Pontevedra para uso, servizo e goce de todas as persoas.
  • Ver, sentir e vivir a cidade como a extensión do fogar, un espazo seguro, amable, acolledor e igualitario.
  • Crear comunidade.
  • Crear conciencia de que o uso e ocupación do espazo público é un dereito pero tamén que o seu coidado, posta en valor e preservación é responsabilidade de todas e todos.
  • Devolver as rúas e lugares e lugares dos nosos barrios a veciñanza como espazos de lecer e divertimento.