O Vacalao ‘Do cru ao cocinao’ de El Cafetín e os Canelóns de xarrete de vaca galega de Gumer convértense nos petiscos gañadores do Pontedetapas 2022

37
  • Tanto o xurado popular como o profesional outorgáronlle o premio á mellor Tapa Tradicional á receita do restaurante Gumer e á mellor Tapa Creativa á da gastroteca El Cafetín, que competirá como Tapa de Pontevedra cos vencedores das outras seis grandes cidades no certame ‘De tapas por Galicia’ organizado pola Xunta
  • Tamén recibiron galardóns, como segundos e terceiros clasificados nas diferentes categorías, o Bocadito Crujiente Langostino de Cre-Cottê, os Trasmallos entre Neboeiro de Loaira Xantar, o Novembro Salgado de Cafetería Sonata, o Brioche de Carrilleira de A Gramola, o ‘Viva México… Gambones’ de Tabula Rasa, as Ínfulas e Pataca ao Medio Polo de Soulbeer, o Porrogreen de Padal da Santiña e a ‘Ovella que bala…’ de Bocarte

Os concelleiros de Promoción Económica e de Desenvolvemento Sostible, Yoya Blanco e Iván Puentes, presidiron esta tarde no Gastroespazo do Mercado de Abastos a entrega dos galardóns do certame Pontedetapas 2022, nun acto ao que tamén asistiu o edil de Benestar Social, Marcos Rey, e no que participaron o presidente da asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Daniel Lorenzo, e o seu secretario, Antonio Fernández. Tanto os votos do xurado popular (a cidadanía) como o profesional coincidiron á hora de elixir aos vencedores desta edición do concurso da gastronomía en miniatura: ámbolos dous outorgáronlle ao Vacalao ‘Do cru ao cocinao’ da gastroteca El Cafetín o premio á mellor Tapa Creativa e aos Canelóns de xarrete de vaca galega do restaurante Gumer o premio á mellor Tapa Tradicional.


Tamén recibiron galardóns, como segundos e terceiros clasificados nas diferentes categorías, o Bocadito Crujiente Langostino de Cre-Cottê (2ª Tapa Tradicional do xurado popular), os Trasmallos entre Neboeiro de Loaira Xantar (2ª Tapa Creativa do xurado popular), o Novembro Salgado de Cafetería Sonata (2ª Tapa Tradicional do xurado popular), o Brioche de Carrilleira de A Gramola (3ª Tapa Tradicional do xurado popular), o ‘Viva México… Gambones’ de Tabula Rasa (3ª Tapa Creativa do xurado popular), as Ínfulas e Pataca ao Medio Polo de Soulbeer (3ª Tapa Tradicional do xurado profesional) e o Porrogreen de Padal da Santiña e a ‘Ovella que bala…’ de Bocarte (que comparten o ‘bronce’ como 3ª Tapa Creativa do xurado profesional).


Yoya Blanco destacou “o tremendo nivel e a dificultade de elaboración dos petiscos presentados a un certame ‘clásico’ que regresou tras dous anos de parón pandémico e que contou coa participación de 25 establecementos da cidade (que presentaron 26 tapas)”. O Pontedetapas 2022 trouxo ademais consigo unha novidade: a estrea dun novo sistema de votación dixital do público no que as puntuacións de cada petisco puideron realizarse a través dun código QR personalizado dispoñible en cada local.


“Os votos da cidadanía determinaron que o Vacalao ‘Do cru ao cocinao’ da gastroteca El Cafetín será, como mellor Tapa Creativa, a Tapa de Pontevedra, o petisco que representará á nosa cidade no certame autonómico De Tapas por Galicia, organizado pola Xunta, no que competirán as sete grandes cidades galegas e no que se decidirá cal é a Mellor Tapa de Galicia”, subliñou a concelleira de Promoción Económica.


A relación de gañadores de Pontedetapas 2022 é a seguinte:


PREMIOS XURADO POPULAR


TAPA TRADICIONAL:


1º Gumer. Canelóns de xarrete de vaca galega

2º Cre-Cottê. Bocadito Crujiente Langostino

3º A Gramola. Brioche de Carrilleira


TAPA CREATIVA:


1º El Cafetín. Vacalao ‘Do cru ao cocinao’ (calificación como Tapa de Pontevedra)

2º Loaira Xantar. Trasmallos entre Neboeiro

3º Tabula Rasa. ‘Viva México… Gambones’


PREMIOS XURADO PROFESIONAL


TAPA TRADICIONAL:


1º Gumer

2º Sonata. Novembro Salgado

3º Soulbeer. Ínfulas e Pataca ao Medio Polo


TAPA CREATIVA:


1º El Cafetín

2º Loaira Xantar

3º Compartido: O Padal da Santiña (Porrogreen de Padal) e Bocarte (‘Ovella que bala…’)

As tapas e establecementos que competiron este ano no concurso Pontedetapas foron os seguintes:


1. Ultramar: Mexillón nunha mariñeira, cremoso de apionabo e mollo de herbas frescas

2. Loaira Xantar: Trasmallos entre neboeiro

3. Umami Poke Restobar: Allegra (opción vegana)

4. Pintxoviño: Taquiño de atún

5. A Gramola: Brioche de carrilleira

6. Bar Karma: Tortilla Kármica (vegana)

7. Tabula Rasa: Viva México… Gambones!

8. A Fervella: Ensaladilla de polbo

9. La Buena Vida: Tapita churraskiña con tapas lokas

10. Adega dos Avós: Tortilla de polbo

11. La Culpa de la Gula: Bolo de vento de txangurro con crema de wakame, fideos fritos e katsuobushi

12. Gumer: Canelóns de xarrete de vaca galega

13. Bocarte: Ovella que bala…

14. Meu e Teu: Fazulas en salsa de mencía

15. El Cafetín (La Gastroteca): VacaLao ‘Do cru ao cocinao’

16. Café Central: Delicia galega

17. Soulbeer: Ínfulas de pataca ao medio polo

18. Lulo Gastrogrill: Mini bourbon BBQ burger

19. Casa Verdún: Gofre de outono

20. Sirius Bar: Burger sirius

21. Padal da Santiña: Morde millo

22. Padal da Santiña: Porrogreen

23. Cre-Cottê: Bocadito crujiente de langostino

24. Icewolf: Momos de cocido galego en caldo dashi

25. Pontegrill: Celta caribeño

26. Cafetería Sonata: Novembro salgado