Estribela, Lérez, Ponte Muíños, Campolongo e o centro da cidade viven hoxe e mañá a maxia do Nadal

22

O Concello de Pontevedra segue adiante coa programación de Nadal nos barrios e nas parroquias. Para hoxe e mañá as citas coa maxia, a música e a animación de rúa están en Estribela, Lérez, Ponte Muíños, o centro histórico e Campolongo.

26 de decembro:

  • 17.00 horas. Estribela. Soño
  • 17.00 horas. Lérez. Momentos máxicos
  • 17.30 horas. Campolongo. Obradoiros, música e animación de rúa de Nadal.
  • 18.00 horas. Centro histórico. O séquito de Papá Noel

27 de decembro

  • 17.00 horas. Ponte Muíños. Abordaxe pirata de Nadal.
  • 17.30 horas. Centro histórico. Apalpadoriños

Tamén permanecen abertos o Poboado de Nadal na praza da Ferraría até o 7 de Xaneiro; Pontexogo no Recinto Feiral e na Alameda até o 8 de xaneiro; e a XX edición de Pontenadal. Feira de Artesanía e Agasallo até o 1 de xaneiro na praza de España. Este último estará aberto de 11 a 14 e de 17 a 21.30 h. O día 31 de decembro pecha ás 20,30 horas. Esta feira organízase en colaboración con Zona Monumental.