O deseño cen por cen pontevedrés de Formato Verde achega os seus avances internacionais até o Concello de Pontevedra 

183
A sección de deseño da compañía, FrutaDS, atópase en Pontevedra e nos últimos anos logrou levar os seus traballos até O Porto, Marsella, Vitoria ou Amiens 

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, mantivo esta mañá unha reunión con representantes de Formato Verde, compañía especializada na creación de equipamento para a recollida de residuos urbanos desde o ano 2001 e que ten situada a súa sección de deseño, FrutoDS, en Pontevedra.

Nos últimos anos, a empresa recibiu un forte impulso laboral e de recoñecemento ao recibir diversos encargos de distintas cidades, tanto no no país, como no Estado como no resto do mundo. Cidades como A Coruña, Lugo, Vitoria, O Porto ou Marsella optaron polos seus deseños en colectores de residuos para «humanizar» as súas cidades e mellorar o estándar de excelencia urbana.

Nese sentido, os seus responsábeis indicáronlle a Gulías que algúns dos seus deseños naceron da propia inspiración que lles deu Pontevedra como cidade, á hora de fundir innovación, sostenibilidade e funcionalidade. 

A edil lembra que Pontevedra segue a funcionar como unha enorme canteira de talento innovador, que permite a creación e instalación de empresas punteiras no mundo en diferentes sectores, pero que levan o nome e a pegada da cidade alá onde traballan.