O Festival das Núbebes recupera a normalidade e regresa á Pontevedra o 26 de febreiro e os días 3, 4 e 5 de marzo ao Teatro Principal, Casa das Campás e Museo de Pontevedra

393


A venda de entradas anticipada en Ataquilla.com estará activa a partir de mañá  xoves 16 ás 9:00h. A taquilla física abrirá unha hora antes de cada pase de non esgotarse as entradas previamente

A guerra da almofadas, de balde, require tamén para control do aforo, a retirada de entradas unha hora antes do evento na billeteira

Dende Baobab recomendan acudir a unha ou dúas actividades ao día para non saturar á cativada de idades tan baixas


A concelleira de Cultura Carme Fouces anunicba esta mañá acompañada de Andrea Bayer de Baobab o regreso do Festival das Núbebes. “Volve o Festival das Núbebes con todo o esplendor e ledicia que nos gusta e sen máis limitación de aforos que a lóxica correspondente ao público principal do evento. Bebés e familia. Logo do paréntese provocada pola pandemia, a edición número 9  deste espazo de alegría, diversión e aprendizaxe lúdica, volve á cidade e domingo 26 de febreiro e a fin de semana do 3, 4 e 5 de marzo. Volve para quedar na memoria dos nenos e as súas famiias ao longo da vida como un recordó feliz. Pontevedra é a cidade máis nova de Galicia, onde máis familias con bebés deciden vivir e estes datos son moi importantes á hora de gobernar e como non, de facer programación cultural”.

Pola súa banda,  dende Baobab Teatro, responsables da programación salientan que “esta edición vén con sorpresas. Tentamos apostar polas compañías galegas e haberá varias estreas como a de Ver Rilo e Sonsoles Penadique, tamén da man de Golfiños e tamén nosa,que estrenaremos o contacontos Palabras.  Recomendamos ás familias que non se sature á cativada mercando entradas para todas as actividades e que asistasn a unha ou dúas actividades ao día”, apuntaba Andrea.

Todos os espectáculos terán venda anticipada en Ataquilla.com a partir de mañá xoves 16 ás 9:00h. A billeteira física abrirá unha hora antes de cada pase para a venda de entradas (no caso de non esgotarse) ou para a retirada de tickets da actividade de balde,  Guerra de Almofadas.

Domingo 26 de Febreiro

  • 12.30 h  no Teatro Principal – Inauguración con Roque e a artistas convidados

Teatro, monicreques e música. Público familiar/ Entrada: 3 euros

  • 16.30 h e 18:00 h no Teatro Principal – Estrea: Palabras. De Baobab Teatro

Contos e monicreques. A partir de 1 ano /Entrada: 3 euros

  • 16.45 h 17.45 h 18.45 h na Casa das Campás –  A viaxe de Lup de Soledad Felloza

Contos. De 6 meses a 3 anos /Entrada 3 Euros

  • 17.15 h 18:45 h. Sala de arriba do Teatro Principal –  O son que me arrola da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy.

Espectáculo de música (cantos de berce, lerias e enredos). Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebe. De 6 meses a 3 anos/ Entrada: 3 euros.

Venres 3 de Marzo

  • 17.00 h e 18.00 h. Teatro Principal – Nube, nube, sol. De Teatro ó Cubo

Teatro e monicreques. De 0 a 3 anos/ Entrada 3 Euros

Sábado 4 de Marzo

  • 11:45h, 16:30h e 17:45h. Sala de arriba do Teatro Principal-  Casa, casiña, casona de Marta Ortíz

Narración oral, teatro de obxetos e música.De 0 a 6 anos/ Entrada:3 euros

  • 12.15h e 17:15h e 18:15 h no Teatro principal – Coliño de A Xanela do Maxín.

Espectáculo musical e sensorial. De 0 a 3 anos/Entrada: 3 Euros

  • 12.30 h, 17.00h e 18:00 h6º Edificio Museo Pontevedra.  – Concerto Xoán Curiel

Música. De 2 a 6 anos/Entrada: 3 euros

Domingo 5 de Marzo

  • 11:30h e 17:00 h Sala de arriba do Teatro Principal Cantacontos para bebés de Pablo Díaz

Contos e música. De 0 a 3 anos/Entrada: 3 euros

  • 11:30h e 17:00h. na Casa das Campás, Estrea de  Triscus Beliscus con Rilo e Penadique

Contos e música. De 0 a 3 anos/Entrada: 3 euros

  • 12.30 h no Teatro Principal Guerra de almofadas con Roque.

Cada participante (pequenos/as e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofadaPúblico familiar/ Entrada de balde

  • 18.15 h no Teatro Principal – Concerto estrea “Silforiña” e clausura con Roque da man de  Golfiños e Baobab Teatro. Público familiar/Entrada 3 euros