Zafarrancho de limpeza no estacionamento de bordo fronte ao Pavillón municipal 

5

A Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza no aparcadoiro de bordo fronte ao Pavillón Municipal.

Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada de mañá. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal.

A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e tamén dos condutores para garantir un bo resultado. Ao mesmo tempo, pide desculpas polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores habituais do Concello