A figura da muller na música posta en valor na segunda edición do ciclo Mulleres e inspiración que terá lugar do 7 ao 12 de marzo da man da Orquestra Sinfónica de Pontevedra

77


O público adulto poderá gozar de balde da proxección Carne con posterior coloquio coa produtora Chelo Loureiro e Sofía Oriana (compositora) o venres 10 ás 20h no Principal

O sábado 11 ás 11 e 12 h no Salón de Actos do Pazo terán lugar, previa inscrición de balde en apuntate.pontevedra.gal, obradoiros de música e cine para a cativada de 8 a 12 anos

O broche será o concerto do domingo 12 ás 19h. no Pazo con mulleres talentosas galegas como Sofía Oriana (Santiago de Compostela, 1989), Carme Rodríguez (Ribadeo, 1996) e Julia Dopico, (que será tamén solista na primeira obra de bandurria e orquestra) e Renata Oliveira como directora. As entradas xa están á venda en Ataquilla.com a partir de 4€+ gastos.

Máis de 1600 escolares de Pontevedra e parroquias asisitirán ás 4 quendas dos Concertos dídácticos (dúas por día) que terán lugar o martes 7 e mércores 8 no Teatro Principal, concertadas previamente con centros de ensino e prazas xa esgotadas.

Do 6 ao 31 de marzo no Paseo de Odriozola, permanecerá instalada a mostra Mulleres e Inspiración que grazas aou traballo de Judith Rey, presidenta da Orquestra, recolle unha selección de biografías de mulleres músicas de todas as épocas, alunhas invisibilizadas

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentaba esta mañá, día de Rosalía, a programación da que será a segunda edición do ciclo Mulleres e Inspiración, organizado en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra.

Logo de recitar o poema “Daquelas que cantan as pombas i as frores/ todos din que teñen alma de muller/ Pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma/ ¡ai!, ¿de qué a teréi?” Fouces dicía sentirse moi identidicada con este poema que daixa claro que “as mulleres podemos facer outras cousas, podemos facer de todo”. Logo de aludir ou recente da lexislación sobre igualdadade como a  primeira Lei de Igualdade Efectiva (22marzo de 2007) ou ou tratado de Amsterdam no 97,  Fouces continuaba apuntando que “ é necesario e pouco todo o traballo que se faga para reparar esa ferida tan fonda que temos na sociedad logo de tantos anos. O 8 de marzo é un día de rivindicación laboal. A música é un lugar onde a fenda de xénero se leva arrastrano anos e mais no eido da música clásica. O pouco espazo que hai está ocupado por homes e a muller tan dereito a desarrollar o seu traballo neste ámito de maneira autónoma e digna. Hai que diluir ese marco de desigualdade e poñer as mulleres no centro música. Iso é o que buscamos con este ciclo de Mulleres e Inspiración que ten tres patas: unha delas é isibilizar todo o que estivo agochado anos, dando a coñecer a través da exposición esa selección de historias de mulleres músicas feita por Judith, O outro pilar é o educativo, que terá lugar cos concertos dídacticos concertados con máis de 1600 escolares de Pontevedra e parroquias, e cos obradoiros de música e cine para cativada de 8 a 12 anos para os que xa se pode realizar inscrición en apuntate.pontevedra.gal ou  e a terceira que será a mostra de talento co a proxección do documental Carne e especialmente o concerto do domingo 12 ás 19 no Pazo, con mulleres solistas compositoras, directoras, etc que vai facer as delicias dos amantes da música e está feito con moito cariño, con fondo coñecemento musical e moitas perspectiva de xénero pola equipa da Orquestra Sinfónica de Pontevedra quen elaborou e deseñou ademáis do concerto todo o programa de actividades.”

Judith Rey, presidenta da Orquestra Sinfónica de Pontevedra – que tamén será solista de frauta no concerto e foi quen levou a cabo a labor de investigación de recabado de información para a exposición, foi a encargada de debullar o programa logo de facer a seguinte introducción “A música clásica, como en calquera outra das artes, foi inxusta cando o xénero, historicamente falando, era un factor determinante para non só limitar o éxito das creadoras, senón tamén para a transcendencia da súa obra artística posterior. Hoxe, temos o deber de ser sensibles a poder pór en valor creacións de inigualable nivel creativo, técnico e artístico que, de seguro, foi inspirador para moitos exitosos artistas de xénero masculino que contaban con este factor en prol, e que se non fora por esta circunstancia pasarían a ser obras consolidadas como primordiais no repertorio da interpretación da música”

Do luns 6 ao venres 31
Exposición Mulleres e Inspiración
Paseo de Odriozola.

Martes 7 e mércores 8 de marzo (Concertado cos centros escolares e xa completos)
Sesións ás 10.30 h e 12.00 h
Concertos didácticos Mulleres e Inspiración

Venres 10 de marzo
20.00 h
Cine e coloquio
Teatro Principal
Proxección do documental Carne. A continuación haberá unha conferencia con Chelo Loureiro (produtora) e Sofía Oriana (compositora).

Sábado 11 de marzo
Sesións ás 11.00 h e 12.00 h
Obradoiros Música e Cine
Salón de actos do Pazo da Cultura
Dirixidos a nenos e nenas de 8 a 12 anos
Duración 50´
Entrada libre previa inscrición en: www.apuntate.pontevedra.gal

Domingo 12 de marzo
19.00 h
Concerto
Mulleres e Inspiración
Auditorio do Pazo da Cultura

Programa completo do ciclo e repertorio do concerto.