As I Xornadas de Banda Deseñada ‘BDra  Gráfica’ chegarán ao Principal e o Museo do 17 ao 19 de marzo con charlas e presentacións para profesionais e público en xeral

425


Ana Miralles, autora do cartaz, será unha das principais figuras do evento xunto a Antonio Altarriba, Miguelanxo Prado, Anabel Colazo , José Ángel Ares, etc.  ou diferentes editoras como  PEIC (Plataforma de Editorias Independentes de Cómic)

Exposicións como  a de 100 orixinais da cotizada Ana Miralles ou  Onda Vital con 85 CELS orixinais de Dragon Ball cedidos por un coleccionista, completan a intensa programación e permanecerán visitables ata o 9 de abril

O evento coordinado polo profesional da ilustración Kiko Dasilva contará tamén cun espazo de venda de exemplares por parte das librarías Paz, Seijas e Nobel, diferentes editoras como La Cúpula, Nuevo Nueve, Letra Blanka, Retranca, etc. e Torrado Belas Artes para a venda de material de debuxo.

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentaba esta mañá, as que serán as primeiras xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra, ‘BDra Gráfica’ a compañada polo principal coordinador do evento Kiko Da Silva, Natalia Mosquera de La Cúpula Editoria e Cano Paz da libraría Paz especializada en cómic.

“Seguimos presentando iniciativas culturais na cidade, xa que son unha para moi importante dentro dun Modelo de Cidade composto por moitas cousas, entre elas unha parte cultural que implica o compartir coa cidadanía dun xeito divertido, pedagóxico. De aí nacen as persoas creaticas, os proxectos talentosos, como é esta I Semana de BD.  Con Kiko Dasilva, máximo exponente nese ámbito que desprega toda a súa potencia pedagóxica, artísitca e profesional lidereando e coordinando este primeiro ciclo que terá continuidade.

Antes de presentar a Kiko Da Silva, Natalia Mosquera de La Cúpula “agora asentada en Pontevedra e traballando para o mundo” e Cano Paz “rexente da libraía máis importante con fondos de BD. Se alguén se quere iniciar neste mundo ou xa está iniciado, recomendé que se achegue ata alí (Libraría Paz)” e dar paso ao desglose da programación, Fouces apuntou á  “importancia da colaboración entre institucións para sacar adiante proxectos de todo tipo e como non culturais. Por iso o Museo tamén será sede deste evento construído desde o Concello e acollerá charlas e diversas exposicións de orixinais”.

Kiko Dasilva foi o encargado de debullar a programación (que achegamos en documento borrador á espera de recibir mañá o programa definitivo maquetado) e comenzou por desvelar a razón da escolla destas datas para a celebración de ‘BDra Gráfica’: “O 17 de marzo será a primeira vez no Estado español que se festexe o Día do Cómic. Escolleron ese día para conmemoralo en relación á revista TBO, a primeira revista deste xénero, que acabou dándolle nome ao tebeo”.

Sobre o nome das xornadas, Kiko comentou que “busabamos que fora comiqueiro pero que nos levara á nosa cidade e quixemos que fose no propio nome non só a imaxe”

“Quixemos empezar estre proxecto humildemente con 3 días, preferindo a calidade á cantidade. As xornadas terán lugar o 17 ao 19 de marzo a cabalo entre a Sala superior do Teatro Principal e o Museo, pero as exposicións estarán instaladas e visitables ata o 9 de abril. É un formato para todo o público que contará con obradoiros para escolares o venres pola mañá (de creación de CELS de Dragon Ball da man de O Garaxe Hermético e con Jorge Campos sobres como facer BD desde cero) ao tempo que se celebran no Museo as xornadas profesionais tanto para autores como para aqueles que se están formando baixo o título “De profesión, autores de cómic” e na que participarán Ana Miralles, Miguelanxo Prado, José Ángel Ares, Anabel Colazo, Alicia Jaraba e eu mesmo, para falar de toda a problemática que ten traballar na nosa profesión”

A tarde do venres contará de 17 a 21 con diversas presentacións para público en xeral no Principal que continuarán o sábado á mañá con XINFU de Adrián Morgade e a Editorial Xerais e MIQUITS de Antenla editora e dúas autoras pontevedresas que van editar próximamente con este editorial pero non se pode desvelar. Simultáneamente no Museo haberá de novo xornadas profesionais e pola tarde no Principal novas charlas con José Ángel Ares e Anabel Colazo e os seus edirores de La Cúpula e  ás 18.30h da man de Antonio Altarriba autor de El arte de volar e guionista recoñecido có premio nacional.  A mañá do domingo será a derradeira das xornadas cos Premios O Garaxe Hermético de Banda Deseñada da man de Xerais e con Anémona de Río, Miguel Rojo (pontevedrés) e Pablo Prado, Fonso Barreiro e Ánxel Carramal (pontevedrés) acompañados polo director de O Garaxe Hermético, Kiko da Silva que pechará as xornadas nunca conversa con Miguelanxo Prado.

Kiko destacou as exposicións que permanecerá no Museo ata o 9 de abril con 100 orixinais de Ana Miralles “autora máis cotizada de venda de orixinais. Un privilexio enorme contar con ela nestas primeiras xornadas, cun cartaz deseñado por ela, a exposición e a súa presencia, especialmente porque non é moi proclive” e a que reúne 85 CELS (pásticos de acetato cos que se facían os debuxos que viamos antes pola TV) orixinais de Dragon Ball, cedidos por un coleccionista particular: Felipe Santiago.

O Principal acollerá venda de libros da man das editoras participantes  no evento (LA CÚPULA, NUEVO NUEVE, LETRA BLANKA, GP EDICIONES,  ANTENLA EDITORA e RETRANCA EDITORA) e as mostras dos Premios de O Garaxe Hermético e Xerais e da PEIC, da que falou Natalia Mosquera, que asistíu á rolda en representación de La Cúpula: “esta Plataforma de Editores Independientes de Cómic, naceu na pandemia cando pecharon as librarías e vimos o futuro algo negro. La intención era aunar esfuerzos, buscar sinergias y establecer colaboraciones. Pasamos de ser 4-5 en aquel momento a las 16 que somos ahora. Es un foro de debate, una plataforma para solucionar problemas, etc”. Mosquera quixo agradecer a Kiko que tivese en conta ao sector profesional á hora de configurar as xornadas en tempos “convulsos para a BD” , xa que destacou que nos últimos tempos, proliferan os eventos centrados na simple venda de exemplares.

Pechou as quendas de intervención Cano da Libraría Paz, especializada en BD,que estará xuntos as editoras e as librarías Nobel e Seijas vendendo exemplares dos autores deste ano na Sala superior do Principal e apunta “que outras librarías como Nobel ou Seijas, especializada en literatura infantil estean nun evento como este quere dicir que o mundo avanza e que agora en cada libraría hai unha pequena sección de BD. É preciso que a xente sinta como normal entrar nunha libraría e mercar unha novela ou unha BD porque toda esas historias que se buscan na novela negra, de amor, etc están tamén na BD”.