Yoya Blanco e Iván Puentes inauguran a exposición fotográfica do proxecto Mulleres da Vila: “Queremos render homenaxe ao traballo destas mulleres emprendedoras do barrio da Parda”
516
A iniciativa, que forma parte do programa deseñado pola Concellería de Igualdade con motivo do 8M, inclúe o lanzamnento dun vídeo no que as responsables dos 15 establecementos participantes contan as súas historias persoais e aos dos seus locais e falan sobre conciliación, anécdotas que lles aconteceron nas tendas e consellos para mulleres que desexen emprender (https://www.youtube.com/watch?v=QUHD4apBucc)
O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, e a concelleira de Igualdade e Promoción Económica, a socialista Yoya Blanco, inauguraron esta mañá, cunha visita polos establecementos participantes, a exposición fotográfica do proxecto Mulleres da Vila, que nesta edición pretende visibilizar e render unha homenaxe ao traballo das mulleres do barrio da Parda. A mostra, enmarcada dentro do programa deseñado polo Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) con motivo do 8M, está protagonizada polas responsables de 15 negocios situados na avenida Virxinia Pereira e as rúas Gaiteiro Ricardo Portela, A Estrada, Pintor Laxeiro, Abundancia, Rodríguez Seoane e Francisco Tomás y Valiente.
Ademais, a iniciativa, desenvolvida en colaboración coa fotógrafa Patricia Maquieira, inclúe o lanzamento dun vídeo no que estas mulleres contan as súas historias persoais e aos dos seus locais e falan sobre conciliación, anécdotas que lles aconteceron nas tendas e consellos para mulleres que desexen emprender: https://www.youtube.com/watch?v=QUHD4apBucc.
“Queremos render tributo ao traballo destas mulleres emprendedoras do barrio da Parda, poñendo en valor a coraxe, vontade, carisma e entrega que fixeron posible o seu éxito profesional e persoal”, asegurou Yoya Blanco, que animou “a tódolos pontevedreses e pontevedresas a pasar por estes establecementos, desfrutar das fantásticas fotografías da exposición e coñecer ás valiosas mulleres que os rexentan”.
Os comercios que participan en Mulleres da Vila 2023 son:
1.- Librería A Rotonda (avenida Virxinia Pereira): Mari Carmen Sieiro 2.- Entremáns (rúa Gaiteiro Ricardo Portela): Goreti García 3.- Talento Dance Studio (avenida Virxinia Pereira): Rosalía Puga 4.- Vera Vidal Yoga y Bienestar (avenida Virxinia Pereira): Verónica Vidal 5.- O Forno Panadería (Virxinia Pereira): Bibian López 6.- Centro de día ‘A tu lado’ (Virxinia Pereira): Adela de Jesús 7.- Clínica Avegar (Virxinia Pereira): Andrea Vega 8.- Psicoeduca (rúa da Estrada): Sandra Piñeiro 9.- A Tenda Alimentación (rúa Pintor Laxeiro): Lucía Cortizo 10.- Sonia’s Colors (Pintor Laxeiro): Sonia Villanueva 11.- Zapateiro do Lérez (Pintor Laxeiro): Jennifer González 12.- Clínica Dental Garrido Madarnás (rúa Abundancia): Noemí Garrido 13.- Frutería Eva (rúa Rodríguez Seoane): Eva González 14.- Estudio de Salud Capilar María José Pazos (rúa Francisco Tomás y Valiente): María José Pazos 15.- Prisma, taller de arte e creación (rúa da Estrada): Leire Rodrigo