Alén das corenta arneses e corenta máscaras que cobren o total da plantilla, foron recepcionados sete equipos autónomos equipados coa última tecnoloxía de sinalización e visualización que inclúen advertencias sonoras e visuais en tempo real
O parque tamén contará con dúas novas máquinas de limpeza especial para estes equipos, o que garantirá e alongará a vida útil destes elementos
A concelleira de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, recepcionou esta mañá no Parque de Bombeiros de Pontevedra, os derradeiros equipos adquiridos dentro do plan de renovación e mellora de material do corpo local, co fin de aumentar a seguridade e mellorar as condicións de traballo dos seus integrantes.
Así, o Concello de Pontevedra recibiu esta mañá corenta arneses e corenta máscaras que supoñen un chanzo máis ao mellorar os equipos existentes, cubrindo a toda a plantilla «pasando a ser equipos individuais». Tamén se inclúen nestas novas adquisicións sete equipos autónomos de última xeración (Arnés do PSS® AirBoss) cons superficies reflectantes nos acolchados dos ombreiros e do cinto, aumentando a visibilidade dos bombeiros desde calquera posición.
Estes equipos especiais inclúen luces de aviso a compañeiros, amosando o ‘estatus’ actual do bombeiro en todo momento a través de diferentes cores de advertencia, informando en tempo real do nivel de presión da bomba de osíxeno; amais de poder solicitar axuda co botón do manómetro electrónico. Ademais das advertencias visuais, o equipo tamén pode emitir advertencias acústicas se se detecta ausencia de movemento, un estrés térmico alto, a ausencia de aire ou a activación do sinal de socorro.
No referido as novas máscaras, estas contemplan un maior nivel de seguridade no acople ao casco co sistema Q-Fix, xa que hai que non se desacoplan accidentalmente.
Doutra banda, tamén foron mercadas dúas máquinas de lavado e hixienización PPE e WASH9 para os novos equipos. Son máquinas automáticas e programadas segundo o procedemento de hixienización do fabricante dos EPIS, con valores predeterminados de temperatura e dosificación dos axentes químicos de limpeza para cumprir coas instrucións de uso dos equipos de protección e respectar os materiais dos equipos, garantindo a duración e vida útil a longo prazo dos mesmos,
O Concello de Pontevedra realizou un investimento total de 72.000 euros nestes novos equipos para o servizo de extinción de incendios.