O alcalde inicia unha xeira de reunións e conversas cos diferentes axentes sociais da cidade 

46
O obxectivo destas conversas xira ao redor de abrir unha nova etapa comunicativa e de participación que terá continuidade no día a día 

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, iniciou esta mañá de martes, 27 de xuño, unha xeira de reunións e conversas cos diferentes axentes sociais e institucionais da cidade. 

Ao longo da xornada, o rexedor recibiu á vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón e ao director da Área Adxunta á Vicerreitoría, Luis Torres Vázquez, nunha primeira reunión; a continuación aos membros da Xunta Directiva e o Staff do Foro Empresa Pontevedra; á representantes e socios da Asociación pola Defensa da Ría; e, por último, á Federación de Veciños Castelao.

En cada reunión estivo presente un edil, sendo na primeira Demetrio Gómez; na segunda, Eva Vilaverde; na terceira, Carme da Silva; e, na cuarta, María José Abilleira.

Lores manifestou que estas primeiras tomas de contacto van da man da idea de abrir unha nova etapa que comezou trala súa reelección como alcalde o pasado 17 de xuño, e teñen como obxectivo recoller e ter en conta as opinións dos diferentes axentes sociais da Boa Vila, abrindo unha nova vía de comunicación e de participación que terá continuidade no día a día, tanto a través da súa persoa como dos concelleiros.

Está previsto que nos vindeiras semanas o alcalde da cidade continúe con este tipo de conversas cos diversos interlocutores da cidade.

IMG 2666

IMG 2588

IMG 2631