O Concello de Pontevedra xa ten todo listo para dar inicio ao seguinte programa das Festas de verán: Local Pop-Rock, tal e como anunciou esta mañá o concelleiro de Festas, Demetrio Gómez no Campiño de Santa María, un dos escenarios deste novidoso programa. O concelleiro estivo acompañado de Marcos Rivas, colaborador do programa, e do músico Dany Moure, integrante de Odiosos 5, que participarán nos concertos.
Local Pop-Rock celébrase este sábado e domingo pola tarde en dintintas rúas e prazas da cidade, e pretende dar a coñecer o talento musical pontevedrés. Participarán sete bandas locais de diferente estilos musicais.
Demetrio Gómez animou aos pontevedreses e pontevedresas a gozar e descubrir estes espectáculos “que pode que non sexan dos máis coñecidos, pero de seguro que nos van facer gozar a todos e a todas”.
As actuacións son as seguintes:
Sábado 29
- 17.00 h. Black Hole. Campiño de Santa María
- 20.00 h. Rusty James & Fringe. Praza de Curros Enríquez
- 22.00 h. Rúa Tetuán. Odiosos 5
Domingo, 30
- 19.30 h. Saracas e Anita. Praza de Curros Enríquez
- 20.30 h. Cora Velasco. Escaleiras da Alameda
- 21.30 h. Freshkiños. Praza do Teucro
- 22.30 h. Los Tonikahs. Praza da Verdura.