Este mes de agosto o Centro de Información á Muller (CIM) está aberto e funcionando seguindo a planificación deseñada durante o pasado mandato pola súa responsábel. Nese sentido, a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, comparte as críticas lanzadas pola edil Paloma Castro sobre a xestión da anterior concelleira responsábel do servizo.
«Cremos tamén necesario un reforzo para o CIM, mais este reforzo está imposibilitado ao esgotarse con anterioridade os cartos para a área de Igualdade», sinalou Gulías. «Na modificación de crédito aprobada no pasado pleno o Goberno xa incluíu unha proposta de incremento de recursos que fará viábel o funcionamento do servizo ao longo dos vindeiros meses».
O Concello quere mandar un mensaxe de agradecemento a todas as traballadoras que na actualidade atenden ás pontevedresas que se achegan até a edificio de Redeiras en busca de axuda, información e asistencia, ao tempo que lanza outra mensaxe de tranquilidade, lembrando que o CIM non ten pechadas as súas portas para ninguna muller que o precise.
Doutra banda, Gulías explica que a concelleira Castro «é posíbel que non conte con algunha información. É certo que a falta de previsión da anterior concelleira de Igualdade ao non contratar os habituais Puntos Violentas das Festas non terá maiores consecuencias, xa que grazas á colaboración co servizo de Festas, a cidade contará cun punto de información deste tipo.