O Concello aproba un plan de inventario e mantemento para todos os elementos singulares do espazo público

35

O estudo permitirá unha base de datos que derivará na contrataciónde obras prioritarias, abaratando os custes á hora de realizar actuacións de emerxencia ou sorpresivas.

Dentro dos elementos a analizar figuras as pontes e as pasarelas, os muros de contención, os pórticos ou os mastros de gran altura; tanto no rural coma na contorna urbana

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta da Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada a primeira hora da mesma. Dentro da orde da orde do día, aparecía a aprobación do contrato de servizos para actvidades de inventario e deseño de plan de uso e mantemento de elementos singulares e estruturas do espazo público e execución das primeiras inspeccións.

O rexedor sinalou que esta contratación contará cun prazo de execución de 18 meses e un orzamento de 284.955 euros, «o que xa evidencia un proxecto serio que ten como obxectivo inventariar, catalogar e programar o mantemento dos elementos singulares e estruturas, tanto no urbano como no rural». Contempla análise de muros de contención, obras de paso e forxados, pórticos, mastros de gran altura, inspeccións de pontes e pasarelas, entre outras accións.

O estudo permitirá obter unha base de datos que posteriormente, utilizando criterios de priorización, derivará na contratación das obras e das actuacións precisas. «Este contrato permitirá que logo non teñamos sorpresas, xa que esas sorpresas que derivan en traballos de emerxencia teñen uns custos superiores a ter feito un traballo de prevención ou de actuavións previstas con antelación. É un tema importantísimo e encaixa dentro do plantexamento do novo mandato de coidar o patrimonio e dedicar esforzos ao mantemento do xa executado, ao marxe de que se fagan actuacións novas».

Doutra banda, o alcalde tamén informou da aprobación do expediente para a compra dun novo vehículo para o parque de bombeiros, tipo nodriza, que virá a substituír ao actual. Terá un custo de 435.000 euros, e contará cunhas características superiores ao existente, con maior capacidade de almacenamento de auga para a loita contra os incendios, pode actuar a maiores alturas, etcétera. «Supón unha mellora máis para o corpo de bombeiros do municipio», indicou.