O Salón do Libro presenta o programa do seu 25 aniversario que, con máis de 300 actividades, promete ser un dos máis intensos dos útimos anos e unha experiencia máxica.

66


O público poderá gozar de máis de 150 actividades entre as que atopará contacontos, obradoiros, maxia, espectáculos, concertos, estreas e propostas exclusivas feitas para o evento.

Os centros de ensino, homenexados neste edición tan especial, asistirán en horario matinal a contacontos, obradoiros, espectáculos, teatro e visitas guiadas que suman outras 150 propostas. Serán arredor de 60 centros e 5.000 alumnos/as de infantil ata ensino universitario

A partir das 17h. de hoxe estará dispoñible para consulta toda a programación en www.salondolibro.gal e tamén a reserva de actividades da primeira fin de semana. Os martes 5 e 12 de marzo á mesma hora, activaranse as reservas para as respectivas fins de semana

En Ataquilla.com estarán dispoñibles todas as entradas con custo (3€) e a reserva de balde para o espectáculo de clausura Rockus Pocus  de Rock Lab e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra

A maxia terá moito peso, con presenza de 11 magos e magas, haberá actividades especiais polo día 8 de marzo, unha programación centrada na cultura convidada (Cataluya), e como novidade os domingos pola mañá, cinema no Principal


O concelleiro de Cultura Demetrio Gómez presentou esta mañá o programa do Salón do Libro que “vai ser unha experiencia máxica e queriamos que así fosa no 25 aniversario do Salón. Botamos a casa pola fiestra e temos probablemente o programa máis intenso de todos estes anos: temos 17 días de  actividades nos que vai haber 47 obradoiros, 38 contacontos, 21 espectáculos e concertos para todos os públicos e ademáis cinema, Rodalibros, camiñadas, faladoiros, exposicións, etc. ate prácticamente 150 actividades diferentes para todo o público que se achegue ao Salón. Podedes atopalas no programa perfectamente ordenadas para que podades localizar se son para nenas e nenos máis novos, máis maiores, para bebés, tamén como reservar, sé son ou non de pago, etc.

Haberá outras 150 actividades que non  aparecen no programa porque son exclusivas para os centros educativos que asisten pola mañá e en total dan unha suma de máis 300 actividades dun programa que é imposible resumir enteiro e do que a continuación vou destacar algunhas actividades, en primeiro lugar as estreas ou as que só poderedes gozar no Salón”

Dos espectáculos exclusivos que só se poderán gozar no Salón cabe destacar o de inauguración ‘25 anos de maxia: faiado dos contos que foron ou poderáon ser’, dirixido por Manuel Albariñas que contará co Ballet de Galicia, o Coro do IES A Xunqueira I, Su Garrido Pombo, Magia en la Manga… e a clausura, a cargo do Rock Lab coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra. Como sempre, búscase a confluencia da creatividade e talento escénico e musical da cidade. Tamén será exclusivo o acto de homenaxe aos centros escolares o sábado 9 de marzo ás 12.00h. Estará coducido por  Andrea Bayer e Xacobe Rodríguez – dous mestres, pero que tamén desenvolven actividade no Salón, non podía ser doutro xeito e contará tamén con parte musical da man de Shi Quartet e Coro Infantil e Xuvenil Luis García Limeses.

Terán lugar dentro do Salón numerosas estreas como ‘Sinfonía Máxica’, o espectáculo do Mago Teto coa Banda de Música de Salcedo, o espectáculo de música e danza para bebés ‘Animais encantados con Sonsoles Penadique e Carla Cecilia Riquelme. Raquel Queizás estrenará ‘Descubrindo magas’, que reivindica a importante presenza das mulleres na maxia, especialmente na maxia popular. Tamén serás estreas ‘Menú máxico de contos’ de Cris de Caldas e Xabi do Camiño e ‘ O chintófano de Dorothe’ de Sonsoles Penadique.

Como novidade, programamos cinema os domingos pola mañá, pensamos que era bonito facelo no Principal como chiscadela aos que xa temos uns aniños, xa que alí comezamos a ver cinema hai moitísimos anos. Haberá na programación tamén presencia do cinema catalán.

Programación especial para o 8 de marzo onde atoparemos ‘Superheroinas con mandil’ a maga Fani con ‘Fábrica de feitizos e igualdade’ e un obradoiro de videoxogos do MUVI chamado ‘Mulleres ao poder’

A maxia ocupará un lugar destacado e contaremos con 11 magos e magas facendo 9 espectáculos de prestidixitación diferentes: o mago Paco, o mago Teto, Javier Muro, Pedro Volta, a maga Fani “e por se fose pouca maxia,  recuperamos a presenza dos pastequeiros en Pontevedra cun roteiro que teá lugar o sábado 16 ‘As fórmulas máxicas dos pastequeiros’ no que descubriremos a súa pegada na nosa cidade”

“No Salón do Libro ten que haber unha programación específica arredor dos libros e esas está absolutamente todos os días. Todos os días hai sesións de contos de contadores e contadores galegos, acompañados por contadores catalás e descubrimos gazas a eles, cultura convidada, que existe un grupo de persoas moi interesante, catalano-galegas ou galego-catalás que tanto desde que aquí como desde Cataluya crean xuntando as dúas lingüas. Estas persoas estarán presentes. Todos os días hai obradoiros relacionados coa ilustración, en torno á literatura.

Todos os días hai Rodalibros, tódolos días están abertas as bibliotecas –A fraga de Esmelle e O mundo ao revés para creianzas máis novas -do Salón, con máis de 4.000 libros a disposición de que se achegue, tamén para préstamo.

E na programación escolar, que é máxica porque non aparece no programa pero eson outras 150 actividadades na que, participarán 60 centros de ensino desde educación infantil a universitaria e prácticamente gozarán delas 5.000 alumnos/as. Haberá contatacontos, espepectáculos e recuperamos a festa dos clubes de lectura para eso e bacharelato, ecocntros e visitas para alumnado universitario e retomamos as actividades con alumnado de infantil dos centros colaboradorados de 3-4-5 anos.

A programación especial catalá en colaboración con IBBYCAt- Consell Català del llibre Infantil i Juvenil e coa colaboración do Institut Llamon Lluch. Virán desde Catalunya narradoras (Alicia Molina e Sherezade Bardají), autoras como Susana Peix e ilustradores como Dani Torrent. Mais tamén exploramos a conexión galego catalá con autores como Eduard Velasco, Pere Tobaruela, Rena Ortega, Estefanía Padullés… e tamén os contadores habituais do Salón como Anton Ke e Polo Correo do Vento exploran a tradicion oral e a música catalá en espectáculos creados para o Salón e os obradoiros gastronómico-literarios tamén nos achegarán contos e receitas do país convidado.

No apartado de exposicións, contaremos con Iustración sobre seres máxicos galegos con 17 ilustradoras e ilustradores galegos, exposición de magos no Comic pola escola de BD Garaxe hermético, un percorrido polos carteis das 25 edicións do Salón, e unha exposición de Videoxogos, etc.

Remato con infomación útil para o público que poderá a partir das 17h. de hoxe – xa que pola mañá moita xente traballa e quixemos adaptarnos – estará dispoñible en www.salondolibro.gal o programa para descargar e para consultar día por día. Das actividades que precisan reserva de praza, activaranse este martes das da primeira fin de semana, o martes 5 as da 2ª e o martes 12 as da última. Esta todo moi ben explicado no programa e dentro de cada actividade na web.

Para as activiaades con custo, que son minoría, podedes tamén a partir das 17h. en Ataquilla.com, mercar – ou no caso da clausura reservar a custo cero – entradas para os diferentes espectáculos do Auditorio do Pazo